Skip to main content

Lanzado o programa de formación 'Destino: Peme Dixital' para axudar ás pemes, micropemes e autónomos a liderar a súa transformación dixital

O experto en innovación e transformación dixital, Juan Luís Polo, será o encargado de ofrecer o relatorio principal. Profesor do Instituto de Empresa Business School, socio fundador da axencia Good Rebels, Polo impartirá unha conferencia titulada “Achegándonos ao Universo dixital”. Unha mensaxe inspiradora centrada nas características da nova sociedade conectada, coas claves necesarias para entender como a transformación dixital impacta na xestión de equipos e organizacións.

Casos de éxito de empresas locais

Así mesmo, catro empresas galegas que actualmente xa están inmersas neste proceso de dixitalización, expoñerán as súas experiencias neste proceso. Casos de éxito reais e próximos como exemplo para outros empresarios e unha boa oportunidade para compartir inquietudes, dúbidas, problemas e expor solucións nunha contorna creativa e colaborativa con empresas similares entre si.

Ao longo da mañá informarase tamén aos asistentes das distintas accións que conforman o programa “Destino: PemeDixital”. Unhas novas e outras, como o Acelera-Tic na súa xa terceira edición, que volve, renovado, cun novo formato para adaptarse ás necesidades e inquietudes detectadas entre os profesionais galegos.
R.