Skip to main content

Os 'Desafíos do Mar 2030' centran o Business2Sea 2018, organizado por Cetmar e Fórum Océano

Ademais de afianzar as relacións entre ambas institucións, o devandito acordo serviu para estender a Galicia o impacto dun evento que nesta edición contará coa presenza de institucións, empresas e entidades galegas, que poderán aproveitar a visibilidade dunha cita moi consolidada en Portugal.

“Desafíos do Mar 2030” é o eixo temático deste Forum do Mar que terá como escenario o Centro de Congresos de Alfândega, onde se debaterá sobre a dixitalización da economía do mar, a sustentabilidade e o coñecemento dos océanos, a cooperación, o emprego e as competencias profesionais, ou a programación futura dos fondos comunitarios.

O programa previsto inclúe un conxunto de seminarios e talleres temáticos cunha destacada participación de representantes da Fundación CETMAR e nos que se debaterá sobre a cooperación luso-galaica no Espazo Atlántico, as tecnoloxías mariñas, o sector naval e das enerxías mariñas ou a cultura oceánica, entre outros.

Tamén está prevista unha conferencia principal sobre os Desafíos do Mar 2030 para conmemorar o Día Nacional do Mar, que se celebra en Portugal o 16 de novembro, así como un programa de encontros internacionais de negocios, sesións curtas de presentación de proxectos nesta área, exposicións e unha serie de degustacións de produtos do mar.
R.