Skip to main content

Galicia repite un mes máis como a comunidade autónoma que paga con máis axilidade as súas facturas

Pola contra, a media autonómica quedou en 39 días, o que ratifica que Galicia aboa os seus pagamentos 24 días antes que o conxunto das comunidades.

Os datos oficiais do Ministerio de Facenda inclúen desde o mes de abril unha nova metodoloxía de cálculo do período medio de pago a provedores que se aplica a todas as autonomías. Pese a este cambio, Galicia mantense mes a mes como a comunidade que paga con máis axilidade as facturas aos provedores que traballan coa Xunta.

En canto á débeda comercial, a ratio de débeda/PIB de Galicia situouse no 0,10%, a máis baixa de toda España. Neste momento, a débeda comercial é a terceira parte que a da media autonómica (0,33%), logo de que Galicia conseguise reducir este indicador ata rebaixalo aos 64,2 millóns de euros.

Os datos do Ministerio de Facenda volven ratificar que Galicia continúa neste 2018 entre as comunidades que mellor atenden aos seus provedores, axilizando os pagos e evitando problemas de liquidez ás empresas que prestan servizo á Administración galega.
R.