Skip to main content

Galicia incorpórase á rede Alastria para aplicar a tecnoloxía Blockchain á xestión pública

Entre os compromisos adquiridos por ambas entidades está o de sumar esforzos para facilitar un mellor coñecemento e difusión do Blockchain no ecosistema dixital galego así como explorar as posibilidades de mellora da actuación administrativa e a prestación dos servizos públicos a través da utilización desta tecnoloxía.

Ademais, o acordo tamén contempla a realización de programas conxuntos ou accións específicas para desenvolver proxectos de investigación e innovación neste ámbito e facilitar o intercambio de información sobre a elaboración de estándares e o seguimento de observatorios e foros.

Alastria é un consorcio multisectorial sen ánimo de lucro, conformado por preto de 300 entidades, entre empresas, administracións públicas e universidades, que ten como obxectivo fundamental favorecer a implantación, estandarización, protección e utilización do Blockchain en España acorde co regulamento europea.

Blockchain

O “ Blockchain” é unha tecnoloxía que permite gardar “bloques de información” conectados entre si en diferentes equipos, en lugar de condensar toda a información nun só lugar. Así, se se producise un fallo nunha plataforma de almacenamento, existen copias da información noutros lugares, o que o fai máis seguro que un sistema normal.

Ademais, a información está cifrada e non existe a posibilidade de eliminar ou modificar a xa existente só engadir nova, o que favorece a transparencia. As principais vantaxes desta tecnoloxía son a eliminación de intermediarios, a ausencia de posicións dominantes e o aumento da contorna de seguridade nas operacións.
R.