Skip to main content

O sector da automoción galega pecha 2018 cun balance positivo, que afianza as expectativas do sector de cara á unha maior produtividade, innovación e mercado exterior

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, constatou hoxe o balance positivo da automoción galega, cuxa conta de resultados en 2018 afianza as expectativas do sector de cara á unha maior produtividade, innovación e mercado exterior.

Durante a clausura da Asemblea do Clúster de Empresas da Automoción (CEAGA), Feijóo lembrou que este sector, que conforman 130 empresas integradas neste clúster e dá emprego a máis de 22.000 persoas, representa unha cuarta parte das exportacións galegas. E incidiu no alentador que resulta confirmar os bos resultados dun sector estratéxico para Galicia como é a automoción; “sobre todo –dixo-, porque reafirma as capacidades do sector industrial na Comunidade”.

Nesta liña, destacou a importancia de que a planta de PSA en Vigo siga sendo unha das máis produtivas de España, das máis innovadoras do grupo e siga avanzando no coche do futuro que siga crecendo a canteira de empresas que conforman toda a industria auxiliar; e que este sector continúe sendo decisivo no ránking exportador da Comunidade.

Ao longo da súa intervención, o responsable do Executivo autonómico destacou a necesidade de traballar todos xuntos para facer de Galicia un territorio atractivo para investir e incidiu no papel que deben asumir as institucións: ser colaborador activo e leal de emprendemento. Acompañar as necesidades dos sectores como este.
R.