Skip to main content

O INE constata que o turismo interno e o internacional creceron un 3% durante o primeiro trimestre do ano



O Instituto Nacional de Estatística (INE) fixo hoxe públicos os datos turísticos relativos ao mes de marzo que revelan que no primeiro trimestre o turismo internacional creceu preto dun 3% en relación ao mesmo período do pasado ano. Ademais, segundo os datos do INE tamén se observa un comportamento positivo no relativo ao turismo interno –aquel representado polos residentes en Galicia–, que tamén experimentou unha suba do mesmo nivel.

Cómpre sinalar que as cifras deste primeiro trimestre están condicionadas por un factor externo, xa que no ano 2018 a Semana Santa celebrouse en marzo. Sen embargo, isto non afectou ao turismo interno e internacional.

De feito, o turismo internacional se incrementou nun 8,4% no mes de marzo e mellorou a súa estadía en Galicia nun 5%. Medrou así a demanda internacional por segundo ano consecutivo e por cuarta vez nos últimos cinco anos colocando o nivel final en máis de 95.000 noites, un máximo histórico en Galicia no mes de marzo para este mercado.

Ademais, e no que se refire ao primeiro trimestre do ano, os viaxeiros quedaron máis días en Galicia. A estadía media medrou máis dun 3% colocando o dato deste ano no máis elevado desde o 2014.
R.