Skip to main content

María Casares volve á vida en Vigo da man de ButacaZero

Ernesto Is, quen levou por esta peza Premio Rafael Dieste da Deputación da Coruña, propón unha viaxe en tren no que a diva do teatro vai recordando a súa vida, dende a súa infancia na Coruña, ate a chegada da República, a Guerra Civil, o exilio, o seu éxito profesional como actriz francesa ou a morte do seu grande amor: Albert Camus.

Pero Constenla non estará soa en escena, completan o elenco Nerea Brey, quen tamén se colocará na pel da diva na súa infancia e xuventude, e Sonsoles Cordón, quen amosará a súa versatilidade escénica entre bailes, coreografías e creación de numerosas personaxes.
Con todo, non serán as únicas que se suban ás táboas do Auditorio, pois outras catro persoas estarán en escena para que a maxia do teatro e a do cinema se poidan mesturar. Roi Fernández foi o encargado do deseño da parte audiovisual, e estará acompañado en escena por Esther F. Carrodeguas, Beatriz de Vega, e Ernesto Is, quen se encargará de xerar os sons tamén en vivo e en directo. Os catros son os encargados de que o teatro se convirta nun plató de cinema e de que os espectadores poidan ver un espectáculo tan teatral como cinematográfico.

SINOPSE Despois das ondas

Despois da guerra, do exilio, da morte, do éxito, da soidade, do amor; despois de corenta anos, María Casares regresa á patria da súa infancia nunha xira teatral.

A nena medrou para converterse na gran actriz da escena e do cinema francés, no símbolo da España refuxiada, no recordo dunha Galicia perdida na brétema do pasado. Será precisamente nesa néboa onde a gran Casares deberá perderse para atopar o significado dunha vida chea de éxitos e perdas, onde as pantasmas que resoan na súa memoria axudarana a responder á verdadeira razón desta viaxe: quen é María?

Nesta peza mesturando cine en directo, teatro e música poderemos percorrer os lugares e momentos da vida de María Casares na súa viaxe de retorno tras corenta anos de exilio.

EN ESCENA Belén Constenla, Nerea Brey, Sonsoles Cordón, Roi Fernández, Beatriz de Vega e Ernesto Is.
ESPACIO ESCENICO Xavier Castiñeira e Beatriz de Vega
TALLER E CONSTRUCCIÓN: José Faro “Coti”
VESTIARIO Carlos Pinilla
ILUMINACIÓN Javier Quintana
CINEMA EN DIRECTO Roi Fernández (Sr. Pausa Cinescapismo)
DRAMATURXIA Ernesto Is
GUIÓN ADAPTADO: Xavier Castiñeira e Ernesto Is
DESEÑO GRÁFICO: Esmera Marketing Dixital e Alltogether Desing
PRODUCCIÓN Esther F. Carrodeguas
AXUDANTE DE DIRECCIÓN Ernesto Is
DIRECCIÓN Xavier Castiñeira
Unha produción da Deputación da Coruña e ButacaZero.
Despois das ondas é un texto de Ernesto Is, gañador do Premio Rafael Dieste da Deputación da Coruña.
R.