Skip to main content

O programa Comercio 360 destina 5,7 millóns de euros a mellorar a competitividade do comercio local galego

A primeira fase ten tres liñas de traballo fundamentais:

- Sensibilización: A Consellería de Economía, Emprego e Industria xa comezou o labor de sensibilización e divulgación, mediante xornadas e a análise de casos de éxito.

- Axudas para a ecoinnovación: Estas axudas procuran impulso á economía circular e á sustentabilidade no comercio por medio da plataforma Tícket Dixital (permite a comercios e clientes coñecer o estado e garantía das súas vendas ou compras, evitando a perda ou deterioro do tícket tradicional e minimizando o uso do papel), a promoción de ecoenvases feitos con materiais 100% biodegradables, e os proxectos de economía circular que promovan a reciclaxe e os produtos ecolóxicos.

- Laboratorios comerciais: As sete principais cidades galegas acollerán cadanseu laboratorio comercial, que impulsará o Comercio 360 e tamén informará sobre el, mediante servizos personalizados de mentoring, comunicación e publicidade, marketing intelligence ou mellora da xestión.

Comercio 360 está destinado a pemes con menos de 10 traballadores, e ten tres obxectivos fundamentais: lograr que 10.000 comercios galegos se sumen a esta estratexia, que máis de 1.000 comercios se beneficien dos servizos de asesoramento e que 5.000 comercios incorporen na súa xestión a s e o uso do tícket dixital.

Por outra banda, cómpre destacar que esta iniciativa está enmarcada dentro da estratexia da Xunta de Galicia de impulso á competitividade do comercio de proximidade, ofrecéndolle unha folla de ruta que nos leve a un comercio máis diverso, moderno e adaptado ás novas realidades. Mellorando tanto a imaxe física como a dixital, o comercio galego vai dinamizar os centros urbanos das cidades e vilas galegas para facelos máis atractivos aos cidadáns, turistas e visitantes.

O Plan Estratéxico de Impulso ao Comercio 2015-2020

O proxecto Comercio 360 substitúe a SmartCommerce, que dentro do Plan de Impulso ao Comercio Interior de Galicia 2015-2020 centraba as súas accións no ámbito dixital. Pola contra, Comercio 360 ofrece un abano moito máis amplo, e se ben non esquece o dixital, inclúe outros aspectos fundamentais como a aposta polo produto local, a sustentabilidade, a creación de marca vinculada ao territorio e un concepto máis amplo do comerciante galego, que inclúe aspectos como o deseño e a fabricación de produto propio.

Este O Plan Estratéxico de Impulso ao Comercio 2015-2020, procura a modernización do sector comercial galego a través de diversas accións, para as que no ano 2018 se dispuxo unha liña de axudas que se concretaron en 487 apoios cun montante total de 2,37 millóns, o que supón a mobilización final de investimentos por máis de 4,7 millóns.

R.