Skip to main content

Galicia sumou no primeiro semestre do ano pasado 7.026 habitantes, cun incremento do saldo migratorio co estranxeiro dun 37% con respecto ao mesmo período do 2018

Este incremento de case 2.000 persoas cobra máis relevancia aínda se se ten en conta que o 2018 rexistrou o mellor dato histórico deste saldo migratorio tras duplicar os rexistros de 2017.

Cabe destacar tamén que os menores de 45 anos supoñen máis do 72,5% do total de novos habitantes, sumando este grupo de idade 5.105 persoas máis das que saíron. Así mesmo, a provincia de Pontevedra é a que experimenta unha maior suba poboacional, gañando 2.684 persoas, seguida da Coruña (2.572), Ourense (890) e Lugo (880).

No que respecta ás nacionalidades, a que máis presenza ten nos datos é a venezolana, coa chegada de 2.453 persoas máis das que saíron, seguida de Colombia (920), Brasil (654) e O Perú (472).

Esta tendencia á alza dos datos provisionais do primeiro semestre do 2019 non fan se non constatar as cifras definitivas de 2018, que reflicten un saldo positivo en Galicia –tendo en conta os movementos co resto de comunidades autónomas- de 13.252 persoas máis das que saíron.

O maior incremento deste saldo respecto ao 2017 recóllese nos estranxeiros, con 10.062 persoas –un aumento do 110%-; e tamén existe un elevado incremento do saldo dos españois, con 3.190, o que supón unha mellora do 72,8%.
R.