Skip to main content

Galicia traslada ao Goberno que non comparte os criterios de reparto dos fondos adicionais para o COVID-19 porque se afastan dos vixentes no sistema de financiamento

A este respecto, o Ministerio de Facenda trasladou os criterios de reparto dos 10.000 millóns de gasto sanitario, que se distribuirán por dous criterios: un 28% en función da poboación axustada –é dicir, tendo en conta factores como dispersión xeográfica ou avellentamento- e o outro 72% por tres indicadores: probas PCR, hospitalizacións e ingresos en UCI.

Sobre isto, o conselleiro sinalou que Galicia considera que o criterio de poboación axustada está “infraponderado”, e que debería ter un peso maior neste reparto de fondos, achegándose ao 50%. Ademais, tamén incidiu en que con estes criterios non se terían en conta o traballo das comunidades en eidos como a atención primaria e a saúde pública.

Ademais, Valeriano Martínez lembrou que o propio Goberno utilizou recentemente outros criterios distintos no reparto do Fondo Social extraordinario, no que o peso da poboación axustada era do 90%. De feito, o Ministerio de Facenda confirmou que ese será o criterio de reparto que se usará no reparto dos 1.000 millóns de novo fondo social –que irá destinado en exclusiva ás comunidades autónomas, e non ás entidades locais–, mentres que os criterios de reparto dos 5.000 millóns polo descenso de recadación fixaranse nunha reunión a posteriori.

O conselleiro de Facenda tamén demandou que as comunidades autónomas non teñan que asumir en 2022 unha liquidación negativa por mor do descenso de recadación que se producirá neste exercicio respecto ás entregas a conta.
R.