Skip to main content

Galicia enfróntase á volta ás aulas máis complexa apelando á unidade

“A máxima prioridade é que os centros sexan lugares seguros”, subliñou o conselleiro, que avoga por traballar dun xeito “racional, participativo, coordinado e responsable” para un retorno ás aulas na mellor situación posible.

Así mesmo avanzou que o actual Protocolo é un punto de partida inicial sobre o que se vai traballar a partir de agora para implementar melloras no documento e concretar algúns dos aspectos nel recollidos, como están pedindo os centros.

Recoñecemento a equipos directivos e profesorado

Nesta primeira intervención como conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez aproveitou para recoñecer publicamente a implicación dos equipos directivos e do conxunto do profesorado que levan traballando “de xeito comprometido e contra reloxo, debido ao retraso do Ministerio en fixar xunto coas CCAA as liñas mestras do Protocolo”, durante todo o verán, e especialmente nestas últimas semanas, para afrontar o inicio de curso coa máxima normalidade posible. Tamén lanzou unha mensaxe de tranquilidade ás familias como peza fundamental do sistema, e que desde a Consellería vai acompañar en todo este proceso desde a máxima responsabilidade e compromiso.

Román Rodríguez comprometeuse a estar “a altura das circunstancias” nun escenario difícil, onde “o risco cero non existe” e que obriga a traballar arreo para protexer “os piares do noso sistema educativo, que son a calidade, a equidade e a igualdade de oportunidades”.
R.