Skip to main content

Jacobo Rey, Fernando González e Antón Acevedo toman posesión como novos directores xerais de Familia, Maiores e Atención Integral Sociosanitaria respectivamente

Fabiola García puxo en valor a súa ampla experiencia e a súa dedicación e enxeño. Unhas calidades que, apuntou, serán útiles para as familias galegas.

O novo director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, en substitución de Ildefonso de la Campa, é Fernando González Abeijón. Na actualidade exercía como subdirector xeral de Autorización e Inspección de Servizos Sociais da Consellería de Política Social. A conselleira destacou a súa vocación como empregado público, o que lle permitirá, asegura, estar á altura do que necesiten as entidades, profesionais e usuarios dos servizos de atención ás persoas maiores e persoas con discapacidade.

Ademais, tamén tomou posesión como director xeral do novo departamento de Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo Prado, médico especialista en Medicina Preventiva e Saúde Pública. A conselleira lembrou que este novo departamento nace cun dobre obxectivo: por un lado, axilizar e simplificar a entrada no sistema de atención á dependencia, e por outra, garantir unha atención sanitaria de primeiro nivel para todas as persoas usuarias de servizos sociais.

R.