Skip to main content

O PIB galego medrou un 14,6% no terceiro trimestre do ano

O PIB galego volve rexistrar así unha mellor evolución xa que no segundo trimestre (en plena pandemia) a economía galega descendeu un 14,4% por mor do efecto negativo da covid-19, un descenso 3,4 puntos inferior ao rexistrado polo conxunto de España (-17,8%).

Desde o punto de vista da demanda, no terceiro trimestre do ano, o gasto en consumo final diminuíu un 4,6% en comparación co mesmo trimestre de 2019, e a formación bruta de capital baixou un 9,2%. En canto á demanda externa, as exportacións de bens e servizos subiron un 0,9% e as importacións de bens e servizos un 2,4%.

Sectores

No que respecta á oferta, todos os sectores rexistraron taxas de variación negativas. O sector primario descende un 3,6%, o sector industrial baixa un 3,7%, os servizos diminúen un 5,5% e a construción un 9,3%.

As Contas económicas trimestrais do IGE mostran que o emprego -medido en termos de postos de traballo equivalentes a tempo completo- diminuíu un 4,0% no terceiro trimestre. As ramas de actividade nas que máis baixou foron as relacionadas co comercio, transporte e hostalería (-7,8%); construción (6,9%); e actividades artísticas, recreativas e outros servizos (-6,3%).
R.