Skip to main content

Sanidade alivia as medidas restritivas en Neda, Fene, Burela, Oleiros, Lalín e Oroso e incorpora á listaxe de concellos con nivel máximo de restricións a Boiro

Así, desde esta medianoite, en todos eles pasará a rexer o nivel básico de medidas, unha conxuntura coa que se levantará a limitación de mobilidade que ata o de agora posuían.

Na reunión desta mañá, o subcomité clínico tamén acordou reforzar o nivel de restricións en Boiro, co que pasa formar parte da listaxe de 17 concellos que teñen establecido o nivel máximo de restricións.

Así mesmo, cómpre salientar que as localidades de Monfero, Pontedeume, Tui e Vilalba, malia continuar co mesmo nivel de restricións actual, serán obxecto dunha vixilancia especial por parte do grupo de expertos.

As medidas publicaranse esta tarde no Diario Oficial de Galicia e entrarán en vigor desde as 00,00 horas desta medianoite.

Sanidade lembra da obrigatoriedade de cumprir todas medidas establecidas pola Xunta de Galicia, co ánimo de mellorar a situación epidemiolóxica na comunidade e así poder ir diminuíndo as restricións vixentes.
R.