Skip to main content

A Policía Autonómica identificou esta fin de semana máis de 1.100 persoas nos controis de medidas ante a covid-19 en Galicia

Na provincia de Lugo, identificáronse 9 persoas en 13 dispositivos levados a cabo nos concellos de Castro de Rei, Friol, Lugo e A Pobra do Brollón. No caso de Ourense, rexistráronse 425 identificacións e 3 denuncias en 40 operativos nos municipios de Allariz, A Arnoia, Barbadás, Beariz, Carballeda de Avia, O Carballiño, Coles, Entrimo, Gomesende, Maside, Ourense, O Pereiro de Aguiar, A Peroxa, Ramirás, Verín, Vilar de Barrio e Xinzo de Limia.

E na provincia de Pontevedra, os 22 dispositivos levados a cabo do 8 ao 10 de xaneiro en Baiona, Bueu, Cambados, O Grove, Marín, Nigrán, Poio, Ponte Caldelas, Ponteareas, Pontevedra, Redondela e Vigo, con 544 persoas identificadas.

Durante os operativos, os axentes controlaron que nos establecementos abertos ao público, terrazas e espectáculos públicos se estaban a cumprir as medidas aprobadas polas autoridades sanitarias para facer fronte á covid-19, como o uso obrigatorio de máscara, o cumprimento da distancia de seguridade, así como o aforo e o horario de peche dos locais e a prevención do botellón.
R.