Skip to main content

Continúa toda esta Semana Santa a vacinación dos maiores de 80 anos

Ante a próxima chegada, entre o venres e o luns, dun número importante de vacinas, a Xunta de Galicia traballa na programación da vacinación masiva en grandes espazos. En concreto, da vacina de AstraZeneca, está previsto que cheguen mañá 58.000 doses.

A Xunta de Galicia traballa, pois, xa nesa programación masiva que se levará a cabo en grandes espazos. Está programación realízase contando sempre cunha reserva das vacinas de AstraZeneca e Moderna, o que permite unha marxe de manobra por se volven fallar os subministros, como xa sucedeu. Esta estratexia posibilitou á Xunta de Galicia poder administrar segundas doses cando se retrasaron, suspenderon o diminuiron os envíos.

Polo que atinxe á presente semana, a Xunta de Galicia ten previsto poñer 100.000 vacinas, entre os centros de saúde e hospitais nos que se está a vacinar nas catro provincias galegas.

É necesario sinalar, tamén, respecto das distintas velocidades de cada comunidade á hora de poñer vacinas, que, no ritmo de inmunización, tamén inflúe, significativamente, a dispersión poboacional. Neste sentido, a Xunta de Galicia aposta pola atención primaria no proceso de vacinación, e o está a facer a través dos centros de saúde, o que tamén posibilita vacinar todos os días.
R.