Skip to main content

Galicia activa un novo programa financeiro para achegar apoio ás empresas e contribuír á súa transformación

Esta iniciativa enmárcase dentro das recomendacións realizadas polo propio Comité de expertos económicos que asesora á Xunta de Galicia desde o inicio da pandemia.

Máis polo miúdo, Feijóo explicou que o apoio se formalizará a través de operacións de entre 1 e 5 millóns pola vía da achega de capital ou pola do préstamo participativo. E a cambio destas contías as empresas beneficiarias terán que elaborar un Plan estratéxico que recolla as súas aspiracións e inclúa tanto medidas específicas como o seu calendario de aplicación. Mentres que, tal e como sinalou, a Xunta ofrecerá un servizo de consultaría gratuíta para colaborar no seu desenvolvemento.

Finalmente, Feijóo lembrou que esta iniciativa súmase a outras medidas concretas dirixidas a apoiar as empresas e a preparalas para a economía post-pandemia. Ademais, enmárcase dentro dos 187 M€ recollidos nos orzamentos de 2021 para o desenvolvemento de instrumentos financeiros.
R.