Skip to main content

Un total de 5260 establecementos galegos uníronse ao Bono Activa Comercio posto en marcha para fomentar as compras de proximidade

Logo de lembrar que esta iniciativa forma parte dunha batería de incentivos destinados á reactivación do consumo, entre os que destacan o Plan Renove Electrodomésticos, o Bono Comercio-Enerxía Peme e as axudas á dixitalización do comercio, Feijóo subliñou que, cun orzamento de 10 millóns de euros, o Bono Activa Comercio aspira a xerar unha mobilización de 55 millóns, a través de bonos desconto de 30 euros.

Así mesmo, precisou que, por sectores, a iniciativa tivo gran acollida no téxtil e calzado, con 1.151 establecementos (30% do total); no comercio polo miúdo de libros e papelería (393); e en salóns de peiteado e barberías (332).

Por último, Feijóo destacou que 126.000 galegos xa descargaron o bono para realizar as súas compras nestes dous primeiros meses, incidindo en que esta iniciativa, á que se pode ter acceso a través da web bonosactivacomercio.gal, continúa aberta para os consumidores.
R.