Skip to main content

O Ministerio de Hacienda dá a razón a Galicia na súa reclamación do importe do IVE de 2017 non transferido

Con isto resólvese a discrepancia existente entre o Executivo autonómico e o Ministerio, que reducía este importe do principal da débeda a 184 millóns de euros.

Hai que lembrar que o pasado mes de maio, a xustiza xa deu a razón a Galicia ao recoñecer o Tribunal Supremo o seu dereito a ser compensada pola mensualidade do IVE de 2017 –máis os intereses de demora- que o Goberno central se negaba a ingresar. Agora, grazas a esta sentenza e á de Castela e León, o Executivo central estende a todas as comunidades autónomas e ás entidades locais a recuperación dos recursos correspondentes a esa mensualidade.

Neste sentido, a Xunta actuou sempre coa máxima lealdade institucional pero con firmeza na defensa dos intereses das galegas e dos galegos, por iso Galicia foi a primeira Comunidade en advertir desta situación en xullo de 2018. E só cando tivo a evidencia de que o Goberno central non ía mudar a súa posición, o Executivo autonómico viuse obrigado a recorrer aos tribunais.

Liquidación negativa

Por outro lado, o Ministerio de Hacienda e Función Pública tamén accedeu esta mañá á petición manifestada por Galicia para que se dera solución ao problema da liquidación negativa derivada do financiamento extraordinario recibido no ano 2020 e que as comunidades autónomas terían que devolver o vindeiro ano 2022.
R.