Skip to main content

O Comité Educativo amósase partidario dunha desescalada simétrica e prudente no ensino

En todo caso, o conselleiro subliñou que esa flexibilización deberá respectar o marco establecido polas autoridades sanitarias galegas, así como na Declaración de Actuacións Coordinadas (DAC) entre os ministerios de Sanidade e Educación e as comunidades autónomas.

Os integrantes do Comité Educativo coincidiron en que esta apertura tería un “impacto positivo” para o conxunto da comunidade educativa polo que deberían terse en conta á hora dunha modificación do protocolo, sempre co aval do Comité Clínico, a quen se trasladará unha proposta para a súa avaliación.
r