Skip to main content

As familias galegas con nenos de 5 a 11 anos disporán a partir da vindeira semana dun test gratuíto nas farmacias

Ademais de estender a obrigatoriedade do certificado covid a ximnasios, residencias de maiores e hospitais de día.

Logo de confirmar que a Administración autonómica remitirá ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia a petición do certificado covid tamén para asistir a eventos masivos en interior e a cines, o titular do Goberno galego anunciou, en relación coa estratexia de vacinación, o adianto da finalización das citacións para a dose de reforzo a persoas de entre 60 e 70 anos ao día 13 de decembro; e a mediados da semana que vén comezarase a citar aos nenos de entre 11 e 9 anos.

Así mesmo, afirmou que o subcomité clínico abordará na súa próxima reunión, e de acordo co seu protocolo, a recomendación de diminuír o número de persoas nas ceas e comidas no Nadal.

O presidente da Xunta concluíu lamentando que Galicia non poida dispoñer das vacinas suficientes para poder subministrarllas a todos os nenos no mes de Nadal, co fin de volver das vacacións con todos eles vacinados.
R.