Skip to main content

Galicia amplía ata 8 puntos o diferencial de débeda coa media autonómica

Galicia amplía así o diferencial coa media autonómica, que é 8,1 puntos inferior á ratio débeda/PIB da media de comunidades (26,6%) e só superior ao de dúas comunidades autónomas de réxime común, Canarias e Madrid.

Ademais, Galicia tamén pechou o terceiro trimestre sendo a 2ª Comunidade Autónoma con menor endebedamento por habitante de España. A débeda por habitante sitúase na comunidade galega nos 4.174 euros fronte aos 6.610 euros da media de comunidades, co que cada galego debe hoxe 2.436 euros menos que a media autonómica.

Volume de débeda

O Banco de España ratifica ademais que Galicia é a comunidade autónoma con menor aumento de volume de débeda desde o ano 2008, exercicio no que comezou a tendencia ascendente na evolución do endebedamento no conxunto das administracións públicas de España, incluídas as comunidades autónomas.

A redución do endebedamento nos últimos exercicios fai que Galicia estea nunha mellor posición financeira para responder ás esixencias económicas derivadas dos efectos negativos do coronavirus e para poder pasar da reactivación á recuperación.
R.