Skip to main content

O Museo Pedagóxico de Galicia reúne nunha exposición materiais escolares sobre o fenómeno Xacobeo desde 1881

O material exposto amosa que a figura do apóstolo Santiago está presente no eido educativo nos recursos que se empregaban na docencia, especialmente naqueles dedicados á lectura, ao longo de todo o século pasado tanto na Restauración como na república e na ditadura franquista.

O proxecto expositivo abrangue material escolar, fotografías, tarxetas postais e documentos gráficos de coleccións particulares e dos propios fondos do museo que exhiben, por unha banda, a presenza do fenómeno xacobeo na escola e, por outra, a pegada que deixaron as institucións educativas nos habitantes e na paisaxe da cidade.

A mostra pode visitarse no horario de apertura do museo: de martes a venres, de 10,00 a 15,00 e de 16,00 a 19,00 horas, e os sábados de 10,00 a 14,00 e de 16,00 a 20,00 horas. Con ela, o museo súmase ás celebracións do Xacobeo 2021-2022.

R.