Skip to main content

A Xunta solicita ao Goberno central que se aplique ao ingreso mínimo vital o mesmo modelo de coxestión das pensións non contributivas

Neste sentido, apuntou que o IMV non conseguiu ter o impacto agardado polas inseguridades e incertezas xeradas sobre o seu funcionamento. Por este mesmo motivo, afirmou, a Risga mantén a día de hoxe o 65% dos usuarios que tiña en xuño do ano 2020, cando se puxo en marcha o IMV.

A conselleira asegurou que o paso decisivo para conseguir esta transferencia foi a reunión que o presidente Feijóo mantivo co ministro de Inclusión, Seguridad Social y Migraciones en Santiago no mes de xaneiro. Con todo, destacou que, ao tratarse da primeira comunidade fóra do sistema foral en lograr este paso, é preciso abrir camiño e resolver todas as dúbidas xurídicas e administrativas para facer posible esta transferencia.

Lei de Inclusión Social

Así mesmo, subliñou que o Goberno galego traballa na creación dunha nova Lei de Inclusión Social de Galicia que xa contemple esta xestión e permita adaptar a Risga a esta nova realidade, reducir a burocracia para que haxa unha ventanilla única de xestión e reordenar o mapa de prestación de xeito que non se solapen e non existan varias prestacións coa mesma finalidade.

A conselleira sinalou que o Goberno galego está a cumprir os prazos na creación desta normativa. Neste sentido, apuntou que a Xunta iniciou a súa tramitación no ano 2021 e nestes momentos atópase en diálogo coas entidades sociais para lograr a súa aprobación antes de que remate este ano 2022.

Así mesmo, puxo en valor que o Goberno galego xa está a poñer medidas enriba da mesa para dar resposta á actual situación de elevada inflación, dificultades na subministración e suba importante do prezo da enerxía. Como exemplo, citou o lanzamento do Bono Social Térmico por parte do Goberno galego ao que se engade un complemento de 100 euros adicionais que permitan aos fogares máis vulnerables chegar a fin de mes.
R.