Skip to main content

O sector comercial e artesán galego ve incrementadas ata os 6 millóns de euros as axudas para a súa transformación dixital e modernización

Este programa de axudas consta de dúas liñas perfectamente diferenciadas:

- Dixitalización: diversos apoios para a implantación de solucións tecnolóxicas, como páxinas web, adquisición de equipos informáticos, ferramentas de márketing dixital, loxística para e-commerce, sistemas dixitais para o control de acceso e para a xestión integrada de stocks nos puntos de venda, xestores de redes sociais ou mantemento das páxinas web. A contía destas axudas poderá acadar os 17.600 €, dependendo de diversos aspectos como o posicionamento previo do posible beneficiario, o número de empregados, ou a existencia ou non de tenda física.

- Modernización: colaboracións para a adquisición de equipos propios da actividade comercial ou artesanal. Neste caso, as axudas poderán acadar os 5.600 €.

En calquera das liñas anteriores, a intensidade da axuda é do 80% do investimento subvencionable, e o prazo de presentación de axudas está aberto do 24 de maio ao 23 de xuño (publicado no DOG o 23 de maio).

Ademais desta convocatoria, hai outras axudas que poden solicitarse actualmente centradas no fomento da comercialización da Artesanía de Galicia, cun orzamento total de 265.000 €. Nelas, os obradoiros artesanais poden solicitar ata 8.000 € para a participación en feiras nacionais ou internacionais.

Finalmente, os concellos e asociacións de profesionais e empresarios artesanais que organicen feiras no ámbito da nosa comunidade, poden optar a subvencións de ata 15.000 € e 18.000 €, respectivamente.
R.