Skip to main content

O festival de artes escénicas USCénica 2022 desenvolverase do 20 de xuño ao 9 de xullo

“En tempos complexos coma os que vivimos, poucos elementos teñen tanta capacidade de contribuír á dinamización e reforzo das relacións sociais e persoais como a cultura. Por iso a USC, reforza a súa aposta por aquilo que nos une e nos inspira, por todas e cada unha das súas formas”, explicou o reitor Antonio López.

Programa

Laboratorio escénico Coop, Avelina Pérez, Helena Salgueiro, Elas (Asociación Ámbar), VACAburra, Inversa Teatro, Diego Anido, Le BarLuthier, Estíbaliz Espinosa, Funboa Escénica, Límites (Corpo Colectivo Transfronteirizo), Elahood, Bárbara Domínguez ou The Swinging Flamingos son algúns dos nomes propios que integran o cartel desta edición aos que se suma a Aula de Teatro da USC coa obra ‘A casa a forza’. O horario e lugar de cada actuación pode consultarse na web de USCénica.

A formación é outro dos eixos sobre os que se asenta este festival. A inscrición nos cursos que oferta USCénica mantense aberta ata completar o número de prazas dispoñibles que ascende a oito en cada un dos cursos, excepto no Obradoiro de Waacking, que conta con 14 prazas. Para realizar a inscrición, a persoa interesada deberá dirixirse ao enderezo electrónico uscenica.cursos@usc.es, indicando nome e apelidos, DNI, teléfono de contacto e que curso ou cursos son do seu interese.

A programación deste ano aborda dende a introdución á composición musical en escena ou ao espazo escénico sonoro, pasando pola arte de acción, a interpretación, ou mesmo a dirección escénica.
R.