Skip to main content

Galicia reduciu en 400 millóns de euros a súa débeda no primeiro trimestre

Ademais, a Comunidade galega aumentou no primeiro trimestre do ano o seu diferencial positivo de débeda coa media, ata os 7,7 puntos, xa que o conxunto das CC.AA. teñen unha ratio débeda/PIB do 25,1%. Desta forma, o organismo regulador volve situar á Comunidade Autónoma galega como a terceira de réxime común con menor endebedamento de toda España.

Así mesmo, Galicia pechou o primeiro trimestre de 2022 sendo a 2ª Comunidade Autónoma con menor endebedamento por habitante de España. A débeda por habitante sitúase na comunidade galega nos 4.204 euros, fronte aos 6.568 euros da media de comunidades, co que cada galego debe hoxe 2.341 euros menos que a media autonómica.

Volume de débeda

O Banco de España ratifica ademais que Galicia é a comunidade autónoma con menor aumento de volume de débeda desde o ano 2008, exercicio no que comezou a tendencia ascendente na evolución do endebedamento no conxunto das administracións públicas de España, incluídas as comunidades autónomas.

A redución do endebedamento nos últimos exercicios fai que Galicia estea nunha mellor posición financeira para responder ás esixencias económicas derivadas dos efectos negativos do coronavirus e da alza de prezos.
R.