Skip to main content

Galicia, entre as catro comunidades con maior número de institutos de investigación sanitaria acreditados no país

Na compaña do delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor López; o director do Instituto de saúde Carlos III, Cristobal Belda-Iniesta; a directora científica do INIBIC, Mar Castellanos Rodrigo, e o director do CIBER-BBN, Ramón Martínez Mánez; o titular de Sanidade salientou o grande impacto que posúen os estudos científicos que está a desenvolver o CIBER-BBN, poñendo en valor a súa alta capacidade innovadora, e a súa capacidade para xerar instrumentos e métodos que teñen por obxecto mellorar a saúde dos pacientes.

Ademais, destacou a firme aposta do Executivo galego polo ámbito da investigación, apuntando que, os orzamentos autonómicos do ano 2023, rexistrarán un incremento, do 9,4% neste eido, ata acadar os 5,7 millóns de euros. Nesta liña, lembrou que a Xunta de Galicia xa está a traballar na integración no Sector público das tres fundacións de investigación sanitaria coas que conta a comunidade galega.

García Comesaña pechou a súa intervención agradecendo que Galicia fose escollida como punto de encontro para levar a cabo unhas xornadas de intercambio de información e ideas que, de seguro, reverterán dun xeito positivo en beneficio de toda a poboación.
R.