Skip to main content

A Xunta lamenta que o Goberno ten os fondos europeos nun punto morto e non dá resposta aos proxectos transformadores cos que conta Galicia

Insistiu tamén en que é precisa unha maior axilización na execución dos mesmos. “Temos proxectos moi importantes como Resonac (antes Showa Denko), Altri, Stellantis ou Sentury que non teñen concretado como acceder a estes fondos”, apuntou o vicepresidente primeiro da Xunta, quen subliñou que “estamos nunha situación de punto morto” tanto na adxudicación das axudas como na concesión de préstamos.

Segundo remarcou o responsable de Economía, Industria e Innovación en relación aos Perte, “nestes momentos tan só se ten convocado un 30% das axudas con apenas un 13% das resolucións”, e polo tanto, indicou que “existe unha enorme dificultade para que os investidores poidan tomar decisións”. Tal e como subliñou Conde, non houbo propostas concretas por parte do Ministerio, “simplemente se nos trasladou a importancia de trasladar achegas, pero non houbo contestación ás achegas que xa temos trasladado”, e tampouco se concretaron cales son as condicións coas que as empresas van poder acceder aos préstamos.
R.