Skip to main content

Novas

  • Investigadores do CiMUS da USC e da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica identifican novos xenes responsables da severidade da COVID, segundo se recolle no estudo de enfermos críticos coordinado en parte polo catedrático de Medicina Legal da USC e investigador do CiMUS e do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago (IDIS), cuxos resultados veñen de ser publicados na revista ‘Nature’. O estudo mostrou 49 rexións xenómicas asociadas nas que se estudaron as posibilidades de novas terapias con novos modelos de análises e atopáronse dianas terapéuticas de moito interese sobre as que se poderían usar fármacos de reposicionamento.
  • O texto legal conta cun título preliminar e sete títulos nos que se regulan diferentes aspectos como o obxecto da norma e a definición dos beneficios sociais e económicos; a análise integral á que serán sometidos os proxectos que fan un uso intensivo da auga, as iniciativas mineiras e as de producción de enerxía a partir de fontes renovables; ou a constitución dunha sociedade mixta que poderá ser titular de proxectos de aproveitamento de recursos. A futura lei tamén contempla a creación dun canon para gravar as liñas eléctricas que conectarán os parques da enerxía eólica mariña, o desenvolvemento dos proxectos de autoconsumo nas áreas empresariais, así como a creación dun fondo para a recuperación de territorios afectados por incendios.
  • A simulación é unha metodoloxía de aprendizaxe que reproduce experiencias reais de pacientes mediante escenarios guiados e controlados que imitan algún aspecto da realidade. Isto establece situacións ou problemas similares aos que enfronta o persoal profesional durante as diferentes prácticas clínicas ou cirúrxicas. A formación baseada na simulación é unha ferramenta docente cada vez máis importante que permite incrementar os niveis de capacitación e competencias, especialmente nas habilidades clínicas, dos profesionais sanitarios nun ambiente seguro.
  • O conselleiro do Medio Rural, José González, acompañado do director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, vén de manter unha xuntanza con asociacións, sindicatos e organizacións agrarias, así como co consello regulador das indicacións xeográficas protexidas (IXP) de Carne de Vacún de Galicia, para analizar as medidas do Goberno central para paliar a seca e os efectos da invasión rusa de Ucraína que se publicaron o pasado venres mediante Real Decreto-lei no Boletín Oficial do Estado (BOE).
  • A Xunta de Galicia programa este ano máis de medio cento de actividades nos espazos museísticos que xestiona para conmemorar o Día Internacional dos Museos, que se celebra o mércores 18, e incluirá visitas guiadas, obradoiros, xornadas de portas abertas, actividades didácticas e música, entre outras propostas dirixidas a todos os públicos. A meirande parte da actividade comeza o propio mércores e prolóngase ata a vindeira fin de semana, co gallo da Noite dos Museos. A axenda pode consultarse nas respectivas webs e redes sociais dos centros, espallados por todo o territorio galego e na axenda de Cultura de Galicia.
  • O multiverso centrou a temática das nove propostas presentadas a concurso no VIII Findecurta, un certame promovido ao abeiro de Lugo Cultural, que recibe financiamento da USC, Deputación Provincial e Concello de Lugo, ao que cada ano se incorpora máis talento mozo, tal e como se puido constatar na entrega de galardóns dun 'Findecurta' que premiou a historia 'Portas', creada por 'Desviadas', un cuarteto feminino de mozas preuniversitarias integrado por Elba Penas, Alba Area López, Uxía Calviño e Ayla Álvarez.
  • A caverna baleira é un ensaio-ficción motivado polo descubrimento azaroso dun suposto Instituto de Arte Inexistente. A partir deste achado, o autor constrúe un texto que conduce ao lector a través dos diversos enfoques teóricos, categorizacións e xenealoxías aplicables á arte inexistente. A tal fin, revisa algunhas das liñas de contraprodución estética que marcaron o cuestionamento do obxecto artístico e propón un itinerario a través das obras de arte inexistentes e doutras cuxa existencia é cuestionada. Jorge Fernández Gonzalo é doutor en Filoloxía Hispánica pola Universidade Complutense cunha tese sobre a poesía de Claudio Rodríguez.
  • Galiciencia, a maior feira científica de Galicia, bate este ano récord de asistencia, con máis de 4.800 persoas participantes nas diferentes actividades, tanto presenciais como en liña. Nesta edición seleccionáronse un total de 106 proxectos promovidos por 243 alumnos e alumnas de 34 centros educativos de toda a comunidade. O reto desta edición está no sector aeroespacial e aeronáutico, un ámbito no que Galicia conta con grandes empresas do sector colaborando xunto con 70 pemes galegas e centros tecnolóxicos no marco do Polo Aeroespacial de Galicia.
  • A conselleira do Mar, Rosa Quintana asegurou que é necesario que Bruxelas reflexione sobre as medidas que está a adoptar e os seus efectos tendo en conta malos precedentes de desafección europeísta como a saída do Reino Unido da Unión Europea. Decisións afastadas da realidade como o veto á pesca de fondo aprobado o ano pasado ou os plans para prohibir o arrastre nas áreas mariñas protexidas, incidiu, son exemplos de políticas que prexudican ao sector pesqueiro e provocan a desaprobación dos profesionais do mar.
  • Esta colección, que pasará a integrarse nos fondos da biblioteca do Museo, inclúe catálogos de exposicións de museos europeos e americanos, así como literatura básica de investigadores internacionais de Picasso, biografías, publicacións periódicas e outras achegas. Son exemplares que proceden do mercado internacional do libro e foron recompiladas a través das múltiples viaxes polo mundo que realizou Peter L. Farer, percorrendo gran parte das exposicións sobre Pablo Picasso realizadas nos últimos anos.