Skip to main content

Novas

  • O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou hoxe que o Goberno galego vai convocar este mes de maio, por un orzamento global de máis de 43,1 millóns de euros, tres programas de axudas dirixidos a financiar distintos tipos de actuacións e documentos de carácter técnico “para mellorar a eficiencia enerxética de vivendas e edificios residenciais”. O Consello analizou hoxe un informe da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda sobre as convocatorias, por segundo ano consecutivo, destas tres liñas de subvencións, enmarcadas no Plan de recuperación, transformación e resiliencia e financiadas con fondos europeos.
  • Os consorcios galegos participados pola USC que desenvolveron os proxectos de I+D+i Nanofluidetec (Detección rápida e automatizable para SARS-Cov-2 baseada en PCR, nanotecnoloxía y microfluídica) e Digital Biocov (Predición temperá de actividade anti-COVID-19 sobre biomoléculas presentes en fungos e microalgas mediante a aplicación de técnicas de Machine Learning integrando datos biolóxicos e químicos), presentaron este xoves na Facultade de Ciencias do Campus Terra da USC un prototipo que permite a detección do ARN do virus SARS-COV-2 e un sistema deseñado para alertar de actividade ‘anticovid’ a partir de produtos naturais, unha ferramenta de Intelixencia Artificial (IA) con capacidade para acelerar os procesos de desenvolvemento de fármacos.
  • A Feira Expomar, de carácter bianual, pretende superar as cifras acadadas na última edición –celebrada en 2019, pois en 2021 por mor da pandemia– a cal se converteu na máis concorrida da historia con 135 expositores que representaron a máis de 350 marcas de diferentes países. Este ano, a Xunta de Galicia participa cun posto de 96 metros cadrados onde se ofrecerá información sobre distintas marcas acreditadas como Mexillón de Galicia, Bonito do Norte ou pescadeRías, baixo o paraugas da campaña GALICIA SABE AMAR.
  • En breve botará a andar nas oficinas de emprego a nova ferramenta tecnolóxica EMI (Emprego Intelixente), que entre outras funcionalidades contará cun navegador competencial, cun emulador de ocupacións e cun recomendador de formacións, que comezará a implantarse nas próximas semanas, e a modo de proxecto piloto en tres destas dependencias (Ordes, Pontevedra e Cambados). Coa forza laboral formada e as empresas coidando das súas traballadoras e traballadores, parece que o reto de vencellar oferta e demanda está xa máis próximo.
  • O Proxecto Nós, a iniciativa que permite incorporar o galego ás novas linguaxes dixitais e que xa ten rematadas as tres primeiras ferramentas, presenta tres utilidades que estarán dispoñibles en aberto nun breve prazo de tempo para que calquera persoa, empresa ou proxecto as poida usar de xeito gratuíto: o tradutor de galego con tecnoloxía neuronal que xa está rematado e supera a calquera outro que existira ata agora, a primeira tecnoloxía que entende o galego oral e o converte a texto, e outra que, a partir dun texto, é quen de ler en lingua galega.
  • A obra gañadora recolle 51 poemas distribuídos en seis capítulos: Subida polos anos, Un pestanexo do inverno, Parada no medio do trebón, Aprender a ulir a chuvia, Polo arame dun raio de sol e Arrastrando séculos sumados. O Goberno autonómico colabora na súa publicación e coa entrega dun lote de 300 exemplares. No transcurso do acto informouse, ademais, da convocatoria da XII edición do Premio de Poesía Xosé M. López Ardeiro, cuxo prazo de presentación de propostas estará aberto desde xullo ao decembro de 2023. Poderán participar obras poéticas escritas en lingua galega, orixinais e inéditas, cunha extensión de entre 350 e 700 versos como máximo.
  • O Salón Teatro de Santiago acolle desde a semana pasada a compañía compostelá Matarile Teatro para as primeiras funcións públicas do seu espectáculo Fráxil. Handle with Care, coproducido polo Centro Dramático Galego e o Teatro Español de Madrid. Na sede da unidade teatral da Xunta, estreouse o pasado venres no marco do Festival Escenas do Cambio, promovido pola Cidade da Cultura de Galicia, e aquí permanecerá en cartel ata o vindeiro día 21 para ofrecer 10 novas representacións de mércores a domingos.
  • A nova ferramenta tecnolóxica, EMI (emprego intelixente), que sincronizará oferta e demanda en tempo real, porase en marcha este maio en tres oficinas piloto (Pontevedra, Ordes e Cambados). Probaranse, deste xeito, as primeiras funcionalidades deste sistema baseado na intelixencia artificial que permitirá ás empresas publicar as súas vacantes de forma múltiple e simultánea no Servizo de Emprego e, de xeito gratuíto, noutros portais de emprego e, así, chegar a un maior número de candidatos. O novo instrumento contará cun navegador competencial, para que os orientadores podan obter información sobre as competencias asociadas ás ocupacións; un emulador de ocupacións para buscar o emprego idóneo para cada demandante de emprego; e un recomendador de formación.
  • Dende hoxe os establecementos interesados poden adherirse a unha nova convocatoria do Bono Activa Comercio. Nesta terceira convocatoria, o Bono Activa Comercio da Xunta conta cun orzamento de 2,5 M€ e permitirá mobilizar 8,5 M€ en ventas. As persoas consumidoras poderán descargar a partir do próximo 15 de maio un bono desconto de 30 euros para as compras que realicen nos comercios adheridos. O importe irase reducindo en función do valor da compra en diferentes tramos: para compras iguais ou superiores a 20 euros e inferiores a 30, correspóndelles un desconto de 5 euros; para iguais ou superiores a 30 euros e inferiores a 50, a rebaixa será de 10 euros; mentres que para compras a partir de 50 euros o desconto alcanzará os 15 euros.
  • Foi clausurado o IX Congreso FP Empresa organizado pola Asociación de Centros de Formación Profesional, coa participación de arredor de 600 centros educativos de toda España que imparten estas ensinanzas, ademais de representantes das administracións e das empresas. Participou o Conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, que sinalou que “todas as partes son imprescindibles” para avanzar nestas ensinanzas que hoxe en día “son a primeira opción educativa para moitos mozos.