Skip to main content

Novas

  • Galicia está "blindada" frente a nuevos recortes porque "hay margen". Así lo aseguraba el portavoz del PPdeG en el Parlamento de Galicia, Pedro Puy, ante los últimos acuerdos adoptados por el Consello de la Xunta en materia de política social y amparados en el "margen de gasto" logrado por la Comunidad gallega en 2016 gracias al cumplimiento del objetivo de déficit en 2015. Puy defiende la tarea del Gobierno central para "equilibrar" la reducción del déficit acompañándola con la necesaria recuperación de la economía.
  • El titular de la Xunta, Alberto Núñez Feijóo, inauguró la jornada de lanzamiento del Programa de Desarrollo Rural de Galicia 2014-2020, que cuenta con una inversión global para los próximos siete años de casi 1.200 millones de euros. Afirma que el nuevo Plan de Desarrollo rural de Galicia 2014-2020 apuesta por poner en valor la calidad de origen de los productos gallegos, “una calidad por encima del promedio”, y por que el lugar de origen se identifique en los productos que salen de Galicia.
  • Obras de la dramaturgia norteamericana y lusófona, en concreto de Portugal y Angola, junto con otros espectáculos de autores gallegos, centrarán la programación que el Centro Dramático Galego (CDG) ha preparado para conmemorar el 30º aniversario de su fundación, que se celebra en 2014.
  • A XXIV edición do Premio San Clemente Rosalía-Abanca, convocado pola Asociación Cultural Instituto Rosalía de Castro e Abanca co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, xa ten gañadores. Na modalidade de novela en galego, fíxose co galardón Marcos Calveiro coa obra O xardineiro dos ingleses, coa que xa obtivera tamén o Premio García Barros do Concello da Estrada. Nas variantes de novela en castelán e en lingua estranxeira, os vencedores foron Pedro Mairal, con La uruguaya, e Han Kang, con A vexetariana, respectivamente.
  • O programa Galeuropa é unha iniciativa que “contribúe á mellora das competencias e habilidades dos mozos e mozas e que incrementa as súas posibilidades de inserción laboral, ao tempo que dota de recursos humanos de calidade ao tecido empresarial galego”. O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, participou no acto de despedida dos mozos e mozas que participan no programa de mobilidade transnacional Galeuropa. Unha xornada na que o titular autonómico das políticas sociais do Goberno galego estivo acompañado pola directora xeral de Xuventude, Cecilia Vázquez.
  • O Centro Galego de Arte Contemporánea inaugura a exposición 'En construción', que subliña o encontro entre arte e arquitectura no CGAC. A mostra, que estará aberta ata o 28 de outubro, 'afonda na idea de construción como clave para comprender a relación do ser humano co espazo, a paisaxe e a casa', segundo sinalou o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo. Lembrou, ademais, que o museo está a piques de celebrar o seu 25 aniversario e sinalou que é 'un espazo de diálogo e convivencia para artistas moi dispares'.
  • O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou durante a rolda de prensa do Consello a aprobación dunha nova convocatoria de axudas que permitirá a creación de 15 novas casas niño no rural. Feijóo precisou que a día de hoxe o rural galego conta con 46 casas niño -3 na provincia da Coruña, 13 en Lugo, 27 en Ourense e 3 en Pontevedra- que, cun investimento de preto de 5 millóns de euros, ofrecen 230 prazas de atención á infancia de 0 a 3 anos en concellos de menos de 5.000 habitantes de Galicia. O presidente do Goberno galego aseverou que o obxectivo desta convocatoria será chegar a 61 casas niño funcionando en Galicia e dar atención a 305 rapaces de 0 a 3 anos.
  • As actuacións en macha do Plan de Banda Larga da Xunta e do Estado garanten que máis de 330.000 galegos de 258 concellos, que carecen de acceso a redes ultrarrápidas, teñan cobertura de 100Mbps de velocidade no 2020. En total os plans autonómicos e estatais supoñen un investimento público de 35,2 millóns de euros para incentivar a extensión de fibra óptica en núcleos dun total de 258 concellos galegos que non dispoñen desta tecnoloxía nin previsión de contar con ela. Ambas medias garanten que en 2020 o 96% dos concellos galegos teñan núcleos con acceso a redes de máis de 30 Mbps, fronte ao 71% de hoxe en día.
  • Iniciáronse onte as reunións dos grupos de traballo para a elaboración da Estratexia da Cultura Galega 2021 (ECG21), coa xuntanza na Cidade da Cultura de Galicia, centrada na música, e concretamente na súa vertente de difusión cultural. Nela participarán o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, o director xeral da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil, e unha vintena de axentes e representantes de entidades deste ámbito, entre os que estaban a Real Filharmonía de Galicia e a Orquestra Sinfónica de Galicia, a Asociación de Gaiteiros Galegos ou os Amigos da Ópera de Santiago e de Vigo.
  • La directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, y el Secretario General de Deporte, José Ramón Lete, participaron en la presentación de la iniciativa ‘Camisetas Solidarias Vuelta 2016' promovida por Unipublic, empresa organizadora del campeonato ciclista, y la Asociación Stop Accidentes. El acto que tuvo lugar en el Centro Cultural de A Guarda contó con la participación del director general de Unipublic, Javier Guillén, y la delegada y portavoz de Stop Accidentes en Galicia, Jeanne Picard.