Skip to main content

A escritora lucense Elisa Vázquez de Gey presenta en Madrid a novela Una casa en Amargura

Xunto á autora, participaron na presentación o director de cinema y guionista Manuel Estudillo Santos e o coordinador de Actividades Culturais da Casa, Ramón Jiménez, que o fixo en representación do delegado da Xunta de Galicia en Madrid, José Ramón Ónega López.

Jiménez valorou que nesta novela Vázquez de Gey “retrata con mestría a vida dos escravos nas casas de familias criollas habaneras e a súa loita pola liberdade”. Lembrou que este é “o último texto dunha autora de éxito, entre cuxos títulos máis recentes figuran a biografía de Anita Delgado, ´Maharaní de Kapurthala´; a novela histórica ´El sueño de la Maharaní´, e a biografía ´La princesa de Kapurthala´”. Sinalou así mesmo que Estudillo Santos recibiu polos seus traballos premios como “o Ondas á mellor serie de ficción en 2005 por ´Hospital central´, ou o do público en dúas ocasións”: por “El Ejecutivo” no Festival do cinema de Xixón de 1990 e por “El edén perdido” no de Málaga de 2007.

Manuel Estudillo, unha das primeiras persoas que leu o manuscrito, agradeceu á Casa de Galicia “as facilidades que esta adoita dar a artistas, escritores e cineastas”, sinalando que “de feito eu mesmo rodei, non nunha, senón en dúas ocasións neste lugar e con todas as comodidades”. Despois, a autora e o director protagonizaron unha animada charla sobre a novela, que supón “un luminoso paseo pola bellísima Habana colonial que engancha ao lector narrando o día a día de amos e escravos e en particular a vida cotiá nun elegante casarón da rúa Amargura”. A escritora referiu os inicios da súa investigación e o modo en que decidiu abordar unha novela, documentada en fontes francesas, galegas e cubanas, que pon sobre a mesa aspectos pouco coñecidos da escravitude e “transpórtanos a unha Habana poboada de ricos españois, damas criollas, galegos, chineses, belas mulatas e escravos africanos, que bole entre arquivos de copistas, estudos de síndicos e singulares domicilios de escribientes rueiros”.

Elisa Vázquez de Gey explicou que a trama de “Una casa en Amargura” articúlase a partir da morte dun personaxe, a africana Misterio, e os seus tres amigos descobren que lles deixou unha encomenda: localizar a dúas persoas descoñecidas para que estean presentes na apertura do seu testamento. Toda a novela é unha procura e esa procura vai obter resultados sorprendentes.

A autora tamén se referiu ao episodio dos case dous mil galegos levados a Cuba por un promotor, tamén galego, que en principio foron contratados como colonos pero logo esclavizados, que sae á luz a través dun dos personaxes de “Una casa en Amargura”.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia