Skip to main content

Notas

  • O sector agroalimentario atópase ante o desafío de atender demandas de produción cada vez máis complexas, nun escenario marcado pola diminución progresiva das fontes de materias primas e solos cultivables. Unha parte importante dos recursos agrícolas son destinados ao consumo dos animais, polo que a aplicación de subprodutos da industria agroalimentaria resulta rometedora.
  • O equipo UVigo Aerotech, formado por alumnado do campus de Ourense, principalmente da Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo, xa está en Alemaña para competir na Air Cargo Challenge 2024, un dos certames máis importantes de aeronaves de competición. Farao co seu novo dron, MIR-10, froito de todo un curso de traballo colectivo no seu deseño, fabricación e ensamblaxe.
  • Unha xornada de traballo reuniu a 30 relatores de 9 países no XII Taller Internacional sobre Intelixencia Artificial: Novos Paradigmas en Informática Biomédica, organizado polo CITIC e o Grupo de Investigación Redes de Neuronas Artificiais e Sistemas Adaptativos -Informática Médica e Diagnóstico Radiolóxico (RNASA - IMEDIR) da UDC, xunto con Biofarma e IKERDATA. Este evento tivo lugar de forma simultánea na UDC, a USC e a UPV.
  • 'A pegada da pesca: cultura e memoria mariñeira en Foz' é un proxecto impulsado polo Concello de Foz para a obtención das axudas do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura, a través do GALP A Mariña – Ortegal na convocatoria 2023. Este proxecto ten como principal obxectivo dar visibilidade á actividade mariñeira focense ao longo da súa historia, mediante a recuperación da memoria local dalgúns dos seus protagonistas.
  • O Festival 17° Ribeira Sacra, que celebra a súa oitava edición do 26 ao 28 de xullo e que pertence a marca Festivales Territorio, completa cartel coas incorporacións do grupo De Ninghures e as sesións DJ de Señora DJ, Schultz e Tristón DJ. Ademais, engade dúas novas experiencias para o público: a cata Cervezas Alhambra, coas entradas dispoñibles desde este mércores na páxina web do festival.
  • Os actos, organizados polo Concello de Foz coa colaboración de Egeria, consistiron nunha sesión de homenaxe e unha exposición que, nunha ducia de paneis, percorre a vida e obra desta muller que cantou a Foz e ás súas xentes e, ao dicir do escritor Cesar Michelena, 'sorbió de Foz la inspiración más pura', viaxou por todo o mundo, e como funcionaria municipal tivo ao seu cargo os temas de turismo do pobo que leva décadas nos primeiros postos de atracción turística do país.
  • O DOG ven de publicar a convocatoria 2024-2025 deste programa que busca flexibilizar a oferta formativa para adaptala á demanda real do mercado. Potenciaranse as especialidades máis requiridas polas empresas galegas e polas persoas traballadoras, facilitando o acceso do alumnado aos cursos co reto de dar cobertura ás vacantes existentes no mercado laboral.
  • 26 alcaldes da provincia de Lugo, pertencentes ao Partido Popular, visitarán a sede de Aspnais o próximo luns, para coñecer en detalle o funcionamento das instalacións desta Asociación Provincial de pais e titores de persoas con discapacidade intelectual. Estarán acompañados pola Presidenta provincial do Partido, Elena Candia; polos voceiros de concellos onde o PP está na oposición, entre eles os de Antas de Ulla, Becerreá, Castroverde e Lugo, e polo voceiro do Grupo provincial, Antonio Ameijide, coordinador da visita, que considera de grande interese este contacto directo cunha entidade que atende a diversos usuarios procedentes dos concellos representados polos visitantes.
  • O CORGA chegou á súa versión 4.1 acadando un total de 45.665.649 palabras ortográficas (54.737.277 elementos gramaticais), o que supón dous millóns e medio máis de vocábulos que os que incorporaba a versión 4.0, presentada a comezos de 2022. Trátase dun 'corpus pequeno pero cunha rica codificación, o cal contrasta con corpus noutras linguas de miles de millóns de palabras construídos a partir de Internet, pero cunha escasa codificación', explica a profesora da USC María Sol López Martínez, codirectora do proxecto xunto a Guillermo Rojo, profesor emérito da USC.
  • Ciencia e arte fusiónanse en Mar Emerxente, un proxecto que celebra a beleza e a complexidade dos océanos. Posto en marcha polo Campus do Mar dentro da súa iniciativa Scientists meet Artists, e liderado polo Centro de Investigación Mariña da UVigo, a proposta combina a creatividade de cinco artistas de prestixio internacional co coñecemento de cinco científicos e científicas do CIM-UVigo para crear esculturas inspiradas en diversos ámbitos das ciencias mariñas.