Skip to main content

A Xunta publica a convocatoria de axudas para formar ata 18.000 persoas sen emprego dando prioridade ás especialidades máis demandadas polas empresas

Tamén como novidades, o alumnado sen a titulación necesaria para acceder a un curso poderá formarse dun xeito simultáneo e, ademais, habilítase a posibilidade de estudar un curso completo ou módulos específicos, dentro da aposta pola flexibilización

As especialidades formativas prioritarias considéranse para toda Galicia e tamén por bisbarras concretas, potenciando as máis precisas para axustar oferta e demanda e avaliando a súa empregabilidade

O prazo de solicitude das axudas para entidades formativas prolongaranse ata o próximo 9 de agosto
Xunta de Galicia