Skip to main content

Notas

  • Moaña acollerá os días 19 e 20 de xullo a primeira edición do Congreso de Xeopolítica Participativa, unha iniciativa impulsada pola Universidade de Vigo, en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela e o Concello moañés, que nace coa vocación de converterse nunha cita anual que cada verán congregue investigadores, estudantes e cidadanía interesados nestas temáticas.
  • Foi profesor de castelán na Universidade Tsudajuku durante décadas pero a súa paixón é desde hai moito a lingua e a cultura galegas e exerce como auténtico embaixador cultural de Galicia no seu país natal. En recoñecemento a este labor, a Real Academia Galega recibiu a Takekazu Asaka como membro de honra nun acto celebrado en Cambados, a vila de Ramón Cabanillas, un dos clásicos galegos que verteu ó xaponés.
  • La nueva junta la forman Pilar Falcón (presidenta), Ignacio Bazarra (vicepresidente), Amelia Serraller (Secretaría y Redes Sociales), Mari Carmen López Velasco, (Programación y Patrocinios); Eduardo Ferreira, (Relaciones Institucionales); Ángel Carreira, (Formación); Irene Fernández y Marta Corbal, (Medios de Comunicación); Manolo Seixas, (representante en Galicia) y Fernando Navarrete (Audiovisuales).
  • O Centro de Estudos Avanzados da USC acolleu o encontro 'Data Science in Fundamental Physics and the bridge to industry & society', organizado polo Instituto Galego de Física de Altas Enerxías. Neste evento, máis dun cento de persoas puideron coñecer como a ciencia de datos, unha disciplina que está a experimentar un notable crecemento nos últimos anos, achega un grande abano de solucións á sociedade en todo tipo de aplicacións diarias.
  • Co fin de mellorar a capacidade de reacción da sociedade fronte o cambio climático, o Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo (CIM), a través da Estación de Ciencias Mariñas de Toralla (Ecimat), forma parte dun proxecto europeo para a creación dun consorcio de infraestruturas de investigación. O obxectivo é ofrecer servizos de acceso transnacional e virtual para persoal investigador de todo o mundo que traballa no estudo da mitigación do cambio climático.
  • Un total de 34 mulleres que son “exemplo de innovación no rural” integran a feira de primavera coa que o Campus Terra da USC quere dar voz, a través de espazos expositivos e diversas mesas redondas, ás emprendedoras que loitan cada día contra o despoboamento. Trátase de historias inspiradoras sobre como afrontar os retos e aproveitar as oportunidades”, explicou Elvira López Mosquera, delegada do reitor para o Campus Terra, no acto inaugural deste foro que se desenvolve ao longo do xoves 6, na Praza da Mosqueira de Lugo.
  • Desde este mércores e ata o venres, celébrase na Facultade de Dereito do campus de Ourense un curso no que especialistas dos eidos xurídico e tecnolóxico dialogan sobre o impacto que nos dereitos humanos ten e vai a ter o desenvolvemento imparable da intelixencia artificial. Nel abórdase temas diversos que abranguen desde a protección de menores á discriminación algorítmica.
  • A UVigo volve converterse en punto de encontro para especialistas internacionais en nanociencia, nanomedicina e nanoquímica. Hoxe arrancou no edificio Miralles a 3ª edición de The Thinking Institute, unha iniciativa do CINBIO, o Centro de investigación en Nanomateriais e Biomedicina da Universidade de Vigo coa que se busca converter a Vigo en sede anual dunha xuntanza internacional dos nomes máis destacados do panorama internacional.
  • O próximo xoves, 6 de xuño, ás 6,30 da tarde, vaise celebrar a última sesión de LUGOPOÉTICA 2024, na sede da Uned en Lugo. Esta acción, promovida por Egeria co apoio da Uned e a Xunta de Galicia, comprende 6 xuntanzas de poetas de diferentes xeneracións poéticas, que conversan coordenados por Xulio Xiz, lendo anacos da súa obra.
  • A Fundación CEER, Fundación Centro de Estudos Eurorexionais Galicia - Norte de Portugal (FCEER), constituíus en 2004 co obxectivo de reforzar os vínculos entre as seis universidades públicas de Galicia e do norte de Portugal: A Coruña, Minho, Porto, Santiago de Compostela, Vigo e Trás-os-Montes e Alto Douro. Desde entón pasaron 20 anos e converteuse nun elemento clave de dinamizacións das relacións de cooperación entre as seis universidades públicas da Eurorrexión Galicia norte de Portugal.