Skip to main content

Un obradoiro do Concello de Ourense dará a coñecer a profesionais e público en xeral as novidades normativas dos alérxenos alimentarios nos comedores

Está dirixido a xestores de comedores colectivos, persoal do sector de restauración e persoas en xeral interesadas nesta temática, e ten como finalidade específica orientar as accións dietéticas de prevención e control das alerxias alimentarias na restauración.

O curso realizarase o xoves, día 25 de agosto, de 9,30 a 13,30 horas, no Centro Municipal de Promoción da Saúde, na rúa Vasco da Ponte, nº1, As Lagoas. As persoas interesadas poden inscribirse a través do Rexistro Xeral, na Casa do Concello, presentando certificado de empadronamento en Ourense. Tamén poden obter máis información na Concellería de Sanidade, na rúa Concordia, 20, entrechán, teléfono 988 510622

O curso forma parte do programa de Promoción de boas prácticas alimentarias e prevención activa da obesidade que desenvolve o Concello, que ten como obxectivo incrementar a práctica de patróns alimentarios equilibrados que garantan unha nutrición máis saudable na poboación xunto coa práctica de exercicio fisico.

Concello de Ourense