Skip to main content

Pesca presentou o Plan de Recuperación de O Bohído co fin de optimizar e incrementar a producción de ameixa babosa

A Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos presentou a primeira fase do Plan de
Recuperación do banco natural de O Bohído, que conta cunha exptensión de
4,26 km2 e está situado na Ría de Arousa. O periodo de execución levarase
a cabo durante o trienio 2005-2007e o presuposto para este ano é de
515.803 euros. O conselleiro, Enrique López Veiga, que estivo acompañado
pola directora xeral de Innovación e Desenvolvemento, Rosa Quintana; a
directora xeral de Recursos Mariños, Carmen Bouso; o director xeral de
Estructuras e Mercados da Pesca, Andrés Hermida; o director do Centro de
Control do Medio Mariños, Juan Maneiro; e os patróns maiores dos pósitos
arousanos, manifestou que se trata dun ?plan ambicioso? froito da
experiencia acadada nos últimos anos.

O Plan ten como finalidade a elaboración e aplicación progresiva
dun protocolo de xestión que optimice a producción e rendabilidade da zona
de O Bohído.

López Veiga destacou que o traballo servirá de referencia para a
explotación dos bancos de libre marisqueo de Galicia e que beneficiará a
tódalas confrarías da Ría de Arousa.

Os bos resultados dos Lombos do Ullaaconsellan a xestión integral de O Bohído:

A iniciativa de Pesca persegue o coñecementoda evolución dos
aspectos ambientais, biolóxicos e demográficos do banco, atendendo ao
estado inicial dos recursos; a caracterización dos tipos de sustrato e
calidade das augas, e o seguemento estacional das poboacións de bivalvos
con interese comercial.

Os bos resultados que se están acadando co Plan dos Lombos doUlla,
que reflexan un claro e progresivo incremento da productividade e
rendabilidade do banco, xunto co fin perseguido pola Consellería de Pesca
de sipoñer dun protcolo xeral que optimice a xestión dos bancos
marisqueiro de Galicia, aconsellan iniciar a adecuación e aplicación das
técnicas experiementadas a outros bancos de libre marisqueo con
características ambientais e especies diferentes.

Seguemento exhaustivo da poboación de ameixa babosa:

Un dos obxectivos dos técnicos de Pesca é determinar os patróns de
variación temporal de mortalidade natural das ameixas e a localización das
causas de mortalidade anormal. Ao mesmo tempo, levarase a cabo unha
exhaustiva avaliación da variación temporal dos parámetros meioambientais
na columna de Auga e do sustrato, mediante as correspondentes análises.

Coa finalidade de medir estes parámetros, establecerase un
seguemento mensual das poboacións de ameixa babosa avaliando tamén a
variación temporal das mesmas e a incidencia de alteracións patolóxicas,
se as houbera, determinando a oxiva de maduración deste recurso.

A elección de O Bohído para acometer estes traballos de xestión
integral de explotación, débese á súa gran potencialidade económica e ás
ventaxas para desenvolver o protocolo de vixiancia e control da actividade
extractiva.

Este Plan de actuación vai ser desenvolvido polo Centro de
Investigacións Mariñas (CIMA) e o Centro de Control do Medio Mariño (CCMM)
en colaboración co Centro Tecnolóxico do Mar (CETMAR), da Consellería de
Pesca e Asuntos Marítimos.
Gabinete de Comunicación da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos da Xunta de Galicia