Skip to main content

Xornada de portas abertas Grao Paisaxe na EPS de Enxeñería de Lugo

Os intervintes presentarán o que significa o grao para o SUG, e as Directrices da Paisaxe en Galicia, respectivamente.

Grao en Paisaxe

Na actualidade existen graos oficiais de estudos de paisaxismo na práctica totalidade de países europeos, mesmo nalgúns casos desde fai máis dun século, carencia que pretende cubrir esta proposta de estudos de grao.

Esta formación que integra materias e disciplinas moi diversas (proxecto, urbanística, topografía, arquitectura, medio ambiente, botánica, edafología, bioloxía, arte, historia ecoloxía, xeoloxía, hidrología, construción, xeografía, economía, socioloxía, etc.), está a ser obxecto dun proceso de homoxeneización dentro do ámbito da Unión Europea, no que, baixo a denominación de PROXECTO LE-NOTRE, participan máis de cen universidades de todo o mundo.

Neste marco faise evidente a necesidade de que a sociedade forme a profesionais especializados nesta temática para traballar nas empresas e administracións que terán que seguir desenvolvendo estes traballos nos próximos anos, e que ademais se incorporen a outros equipos multidisciplinares para desenvolver os instrumentos de plans urbanísticos e de ordenación do territorio que, cada vez con máis intensidade, demandan maior atención e sensibilidade cara á paisaxe.

Así mesmo, o desenvolvemento da actividade industrial e o seu impacto, tanto na paisaxe como no medioambiente (pensemos no desenvolvemento de certos sectores estratéxicos, as novas tecnoloxías para a xeración de enerxía eólica ou fotovoltaica, ou na piscicultura, por poñer algún exemplo), requiren a achega de especialistas en determinar as condicións de presenza e impacto sobre o medio físico e natural sobre o que se inseren.

A experiencia existente no sistema universitario galego ( SUG), tras varios anos impartindo o título de Mestrador Interuniversitario en Arquitectura da Paisaxe Juana de Vega, reforza esta convicción da necesidade de formar a profesionais específicos nesta materia, que poidan especializarse a través dun título de Grao que permita ter unha visión transversal máis completa.

Máis información: Grao en Paisaxe
Universidade da Coruña / Universidade de Santiago