Skip to main content

Pesca presenta o Libro Verde da Política Marítima para facer de Galicia o referente do tráfico marítimo na UE

O conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos, Enrique López Veiga, presentou en Santiago de Compostela “A Ilusión do Mar: Libro Verde da Política Marítima de Galicia”. O obxectivo desta publicación é abrir un debate para convertir a Galicia no centro do tráfico marítimo europeo. Con este libro, a Xunta pon en marcha un proceso de diálogo sobre as infraestructuras marítimas, que continuará este ano coa redacción do Libro Branco, a partir das aportacións de tódolos sectores sociais e económicos.
Pesca tenta así que Galicia conte cun plan director sobre Política Marítima antes que a Unión Europea culmine a redacción do seu Libro Verde sobre a mesma materia. Segundo explicou López Veiga, este proceso de debate culminará no futuro coa elaboración do “Plan Galicia do Mar”, que detallará as inversións e o finanzamento necesarios para atraer o tráfico marítimo europeo ós portos galegos.

Evitar o desmatelamento dos estalerios galegos

O libro presentado explica as causas polas que Galicia foi perdendo nas últimas décadas parte da súa vocación marítima; debido, sobre todo, ás reduccións paulatinas da capacidade pesqueira global e ó aumento da renda e da calidade de vida dos galegos.
Esta situación “xustifica e recomenda” unha segunda modernización do sector marítimo galego para devolverlle “A ilusión do Mar”. Despois do Plan de Ordenación do Territorio (dirixido a vertebrar Galicia co norte de España e Portugal) e do proceso de transformación iniciado co Plan Galicia (no que se busca comunicar Galicia co interior de España e con Europa) o Libro Verde fai un chamamento sobre o feito que neste intre en Europa á demanda de buques de transporte marítimo supera á oferta deste tipo de barcos. O Libro sinala que esta circunstancia pode empregarse para evitar o peche das grandes insfraestructuras dos estaleiros galegos, favorecendo o aumento da súa carga de traballo.
O texto tamén analiza a coxuntura actual da política marítima europea, na que se ven de crear a carteira de Pesca e Asuntos Marítimos que, dirixida polo Comisario Joe Börg, asumiu a responsabilidade da elaboración do Libro Verde da Política Marítima Europea. Coa “Ilusión do Mar” Galicia anticípase a esta iniciativa da UE.

A culminación do proceso de debate: o “Plan Galicia do Mar”

Con este Libro Verde e o próximo Libro Blanco, a Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos, comeza o proceso de elaboración do “Plan Galicia do Mar” co obxectivo de potenciar o desenvolvemento marítimo de Galicia e das infraestructuras que permitan á Comunidade situarse no epicentro do tráfico marítimo entre os portos europeos. Tendo en conta que España nunca tivo unha política marítima definida, “A ilusión do Mar” debuxa as estratexias para situar a Galicia no epicentro marítimo entre Europa, o Mediterraneo e o transporte que transcorre polo Océano Atlántico. Esta acción rompería coa perifería de Galicia dentro redes de comunicación europeas.

Participación dos axentes sociais

Este documento pretende ser o punto de partida para conseguir a necesaria participación da cidadanía e das partes interesadas no proceso de elaboración do Libro Branco da Política Marítima de Galicia.
Así, o conselleiro presentou a estratexia de elaboración do citado Libro Branco, que terá lugar entre abril e xuño do presente ano, e no que deben definirse os plans e proxectos concretos a desenvolver do futuro “Plan Galicia do mar”.
O texto A Ilusión do Mar pode descargarse na sección de novas páxina web da Consellería de Pesca e consta de 16 capítulos distribuidos do seguinte xeito:

1.- O por que dun libro verde sobre a política marítima de Galicia
2.- A futura política de transportes comunitaria
3.- O financiamento dunha política marítima: un serio problema a
resolver
4.- A filosofía da planificación e dos investimentos
5.- Os fluxos do tráfico marítimo
6.- Servizos marítimos, estaleiros, transitarios e industria asociada
7.- O coñecemento do mar: investigación e montorización
8.- Salvamento, control e loit contra a contaminación mariña
9.- Mariña militar e innovación tecnolóxica
10.- Educación e formación profesional
11.- Acuicultura
12.- Mar e enerxía
13.- Mar e saúde
14.- Mar, cultura, deporte e turismo
15.- Estretexia de desenvolvemento
16.- Anexos
Gabinete de Prensa da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos