Skip to main content

Pesca investirá preto de 1'8 millóns de euros na modernización do Porto de Cedeira

A Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos destinará inicialmente 1.799.478 euros á modernización do porto de Cedeira. Así o puxo de manifestou o conselleiro Enrique López Veiga durante o acto de presentación do Plan de Porto desta localidade. O titular de Pesca da Xunta e o patrón maior da Cedeira, José Agustín Pérez Pernas, asinaron o protocolo de investimentos polo que o Goberno galego levará a cabo unha serie de actuacións para mellorar as condicións actuais do porto.

O obxectivo principal é optimizar a calidade dos productos e a súa comercialización, ademais de facilitar o máximo posible o traballo dos mariñeiros. Para elo o documento asinado contempla a creación de novas infraestructuras e a modernización doutras moitas, coas que se pretende ampliar os servizos do porto e facer máis atractiva a actividade pesqueira para a mocidade da vila.

Máis de 813.000 euros para reformar a Casa do Pescador e remodelar a fábrica de xeo.-

A modernización da Casa do Pescador é unha das actuacións máis importantes que a Consellería de Pesca acometerá no Porto de Cedeira. López Veiga anunciou que a Consellería ten previsto investir nesta iniciativa unha partida orzamentaria de 342.000 euros. Trátase de acondicionar un edificio básico no desenvolvemento das actividades culturais e sociais da vila, onde ademais se desenrola toda a actividade
burocrática relacionada co sector pesqueiro. A Xunta adquirirá equipos informáticos e material de oficina para que o traballo se desenrole nas mellores condicións posibles.

Outro dos maiores investimentos irá destinado á remodelación da actual fábrica de xeo. Nesta actuación investiranse 470.000 euros, cos que sustituirá a antiga maquinaria da fábrica.

Un centro de venda de productos frescos, conxelados e transformados.-

Co obxectivo de mellorar a comercialización dos productos pesqueiros, o Plan de Porto de Cedeira inclúe a instalación dun centro de venda na planta baixa da Casa do Pescador. Esta actuación supón habilitar unha zona para transformar os productos, outra de conservación e unha terceira destinada á venda. O que se pretende é comercializar productos frescos (polbo, percebe, merluza e rape); conxelados (polbo e colas de rape); e transformados (afumados, semiconservas,etc). A iniciativa inclúe a aquisición dun vehículo isotermo, con capacidade de 3.500 quilos, unha etiquetadora; e unha pesadora automática, entroutras dotacións. O custo total destas infraestructuras supera os 275.000 euros.

Por outra banda, o plan presentado hoxe dotará ó porto de todo o equipamento necesario para a estabulación de crustáceos, de forma que se poidan almacenar estos productos temporalmente cando non acaden bos prezos na primeira venda.

O plan inclúe a reparación da lonxa.-

Grazas a este protocolo de investimentos, a lonxa vella de Cedeira será reparada e dotada de novo equipamento informático de pesaxe, así como dun punto de pesaxe específico para cefalópodos. Ademais adquirirase un novo xerador eléctrico de 19 Kva que dé servizo a toda a lonxa. Estas actuacións teñen un presuposto inicial superior ós 23.000 euros.

Outra das iniciativas que se contemplan é a creación dunha nave para almacenar os aparellos das embarcacións. Con esta infraestructura asegúrase o bo estado dos equipamentos ó levar un maior control dos mesmos. A Xunta destinará 75.000 euros a esta nova construcción.

Iniciativas que mellorarán as condicións de traballo dos mariñeiros.-

O Plan de Porto de Cedeira recolle diversas actuacións orientadas a optimizar as condicións laborais dos traballadores. Por unha banda, adquiriranse unha serie de equipamentos móbiles para descargar peixe e pertrechos, como traspaletas de aceiro inoxidable, contenedores, carros ou carretillos elevadores de gasoil. Por outra banda, co novo plan as embarcacións de pequeno porte poderán terán a posibilidade de repoñer combustible dentro do recinto portuario de Cedeira. Isto reduce considerablemente o gasto e esforzo dos traballadores, que ata o momento tiñan que trasladarse a outros portos para repostar carburante.

Finalmente, o documento asinado hoxe recolle a adquisición dunha hidrolavadora, destinada á limpeza das embarcacións; e unha lancha de vixianza, coa que levar a cabo o control do acceso ós recursos pesqueiros e o cumprimento dos topes de captura. Neste sentido, tamén está previsto habilitar un novo punto de control de marisqueo a pé, que permita ás mariscadoras realizar as funcións de vixianza en mellores condicións.
Gabinete de Comunicación da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos da Xunta de Galicia