Skip to main content

Pilar Pallarés, Escritora na súa Terra - Letra E

A Homenaxe O/A Escritor/a na súa Terra-Letra E, impulsada pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), chega este ano á súa vixésimo quinta edición recaendo por decisión unánime da súa Asemblea de Socios e Socias na figura de Pilar Pallarés, que será homenaxeada no Concello da Coruña.

Esta iniciativa anual conforma xa unha tradición na traxectoria da Asociación, e tense constituído ao longo de máis de dúas décadas como unha celebración na que a terra de adopción da homenaxeada cobra un protagonismo fundamental. É vontade da AELG honrar escritores/as procurando o contacto directo co autor/a e a súa implicación persoal na xornada de homenaxe.

Unha celebración múltiple e popular na que se vén recoñecendo a entidade literaria de insignes figuras das nosas letras, a través dunha serie de eventos como a entrega do galardón Letra E de Escritor/a (unha peza escultórica asinada por un/ha recoñecido/a artista galego/a, neste caso Soledad Penalta), a plantación dunha árbore simbólica da elección da autora (un carballo) e a colocación dun monólito conmemorativo.

A AELG conta co apoios da Deputación Provincial da Coruña, da Consellaría de Cultura, do Centro Español de Derechos Reprográficos (CEDRO) e do Concello da Coruña.

PROGRAMA DE ACTOS. SÁBADO 29 DE XUÑO

11:30 Xardín posterior ao Centro Ágora (A Coruña)
Descubrimento do Monólito conmemorativo e plantación do carballo (árbore simbólica da escritora).

12:30 Salón de actos do Centro Ágora (A Coruña)
Acto de entrega da “Letra E”
Interveñen:
- Alcaldía do Concello da Coruña ou persoa en quen delegue.
- Mercedes Queixas Zas, Secretaria Xeral da AELG.
- Cesáreo Sánchez Iglesias, Presidente da AELG.
- Eva Veiga: Laudatio.
- Entrega da peza escultórica da artista Soledad Penalta.
- Intervención da homenaxeada: Resposta á laudatio por parte de Pilar Pallarés.

14:30 Xantar de confraternidade
A.E.L.G.