Skip to main content

O Clusaga aborda os retos de sutentabilidade e de I+D+i do sector alimentario de Galicia nunha xornada no campus de Lugo

O Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) abordará os restos estratéxicos do sector en I+D+i e sustentabilidade non marco dunha xornada que se desenvolverá o 15 de xaneiro no edifico Cactus do Campus de Lugo. As persoas interesadas en participar neste foro aberto poden formalizar a súa inscrición a través do enderezo electrónico industria@clusaga.org.

O Clúster Alimentario de Galicia, que integra a empresas, entidades de investigación e innovación e outras organizacións do sector alimentario, traballa no desenvolvemento da cultura da innovación e da difusión e aplicación do coñecemento, ao tempo que impulsa a creación de valor, a través de novos produtos e/ou procesos, seguridade e calidade, ademais de, entre outros cometidos, avanzar na mellora da produtividade da sustentabilidade.
O Clusaga aborda os retos de sutentabilidade e de I+d+i do sector alimentario de Galicia nunha xornada no campus de Lugo

A consecución destes obxectivos é un dos retos da comisión de innovacion e I+D do Clusaga, creada co obxectivo de acadar maior intercambio e interacción entre empresas, centros tecnolóxicos e universidades. De xeito simultáneo, o Clúster Alimentario de Galicia vén de por en marcha unha comisión de sustentabilidade e economía circular co obxectivo de reforzar cuestións relacionadas coa sustentabilidade ambiental, cunha mención especial á Bioeconomía e á Economía Circular, e que contempla medidas e liñas concretas de actuación.

Programa da xornada

A vicerreitora de Coordinación do Campus de Lugo da USC, Montserrat Valcárcel Armesto, abrirá a xornada programada no edificio Cactus cun breve acto de benvida a todo o público participante neste foro, no marco do que tamén se dará conta do traballo e dos proxectos relevantes para o sector alimentario que están a desenvolver os grupos de investigación do Campus Terra da USC. A presentación dos grupos de traballo e das comisións do Clusaga, a cargo do xerente do Clúster Alimentario de Galicia, Roberto Alonso Ferro, e unha exposición dos restos da comisión de I+D+i do Clusaga, a cargo do director técnico da Adega Martín Códax, Miguel Tubio Fernández, e do director de Proxectos e I+D+i en Clavo Food Factory, Xaquín Antón Vázquez, completan o programa.
Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga)