Skip to main content

As actividades de Xuventude contarán co apoio de seis vehículos cedidos por Alfa Romeo

En virtude dun convenio asinado entre a titular de Familia, Pilar Rojo, e o conselleiro delegado de Fiat Auto España S.A., Martín Moya Mendieta, a Dirección Xeral de Xuventude usará ata rematar o presente ano os seis vehículos Alfa Romeo.

Os programas que se beneficiarán dese apoio serám Atlántida, Espacios Naturais, Forestix, Urbis, Na Vangarda, Espráiate e Aventúrate, todos eles organizados e xestionados pola devandita Dirección Xeral.

Asimesmo, Alfa Romeo cederá outros materiais para difusión dos programas, como publicidade estática nas vallas das zonas de traballo, banderas, plotters ou catálogos.

No convenio recóllese o interese da devandita empresa automovilística por participar en actividades que faciliten o pleno desenvolvemento e a formación integral da xuventude. Asimesmo, lémbrase que a educación non reglada é unha das liñas transversais do Plan Estratégico de Xuventude 2004-2007 e sublíñase a importancia de ofrecer alternativas saudables e de ocio positivo e responsable.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado da Xunta de Galicia