Skip to main content

Galicia priorizará o uso dos 30.000 test de dobre banda en sanitarios en zonas COVID-19 de hospitais, doentes en urxencias e residencias

Así, e tendo en conta que serán vitais á hora de evitar novos contaxios, comezaranse a realizar nos servizos de urxencias para doentes que presenten infección respiratoria aguda; para o control de persoal de zonas COVID-19 en hospitais, tanto nas diferentes plantas destinadas en exclusiva para o coronavirus, como nas UCI e outros espazos; ao persoal e usuarios das residencias; e tamén para confirmar as PCR negativas nos doentes con sintomatoloxía.

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, visitou esta mañá en Vigo as instalacións de microbioloxía onde se levan a cabo as análises das probas diagnósticas (PCR), das que Galicia levaba realizadas dende o comezo da pandemia ata onte un total de 53.829 test.

No caso concreto de Vigo, onde Feijóo estivo hoxe cos profesionais, realízanse cada día entre 900 e 1500 PCR, grazas á instalación dun aparato no laboratorio central do Hospital Meixoeiro que ten incrementado substancialmente a capacidade diaria para realizar novas determinacións.
Xunta de Galicia