Skip to main content

O Sergas ordena a retirada das máscaras enviadas polo Ministerio que non cumpren os criterios esixidos

En total, inmobilizáronse un total de 36.883 máscaras na plataforma de distribución de Negreira e outras 45.408 que foron retiradas polas xerencias das áreas sanitarias.

O Sergas procederá con inmediatez a substituír todas as máscaras que se retiran e realizará as probas diagnósticas necesarias para garantir a protección e seguridade dos seus profesionais. Por outra banda, o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, remitiulle ao ministro de Sanidade, Salvador Illa, unha carta na que solicita que se lle remita información axustada sobre os lotes afectados e o tipo de deficiencias detectadas.
Servizo Galego de Saúde