Skip to main content

Homilía de Moneñor Julián Barrio Barrio en el funeral por el Papa Juan Pablo II en la Catedral de Santiago

La liturgia pascual nos enseña que Dios hace lectura del hombre a través del perdón y de la misericordia. Si toda nuestra existencia hemos de iluminarla con la luz de la Pascua, de manera especial la muerte, acontecimiento solemne que nos posibilita pasar a la vida eterna y ver a Dios cara a cara: “Oh Dios por ti madrugo, mi alma está sedienta de Ti, mi carne tiene ansia de Ti, como tierra reseca, agostada, sin agua”. Después de experimentar las fatigas propias de la peregrinación terrena, entendemos mejor la manifestación de San Juan de la Cruz: "Sácame de aquesta muerte, mi Dios, y dame la vida, no me tengas impedida en este lazo tan fuerte, mira que peno por verte".
“Y estaremos siempre con el Señor” (Ts 4,17). No necesitamos otro consuelo, ni nos es precisa a los creyentes otra razón para vivir con esperanza y para morir con sosiego que esta luminosa afirmación del Apóstol. Y a la luz de esta certeza, será más fácil encontrar la razón de ser de nuestra esperanza en el ir tejiendo día a día el tapiz de nuestra existencia con los hilos de la realidad del dolor y de la alegría, de los desencantos y de los logros, del ánimo y de la decepción, del amor y del olvido. Estar siempre con el Señor: permanecer amorosamente sin la prisa inquieta de quien se siente incómodo, saborear la fidelidad de Dios sin intermitencias y sin el riesgo de ofuscarnos por el engañoso atractivo del mal y del pecado, viendo la gloria del Señor Jesús que se entregó a la muerte por nosotros y la venció definitivamente con la resurrección. El destino del hombre es un destino de amor y de compañía dichosa con Aquel que nos ha creado, nos salva y nos espera. Mientras tanto como tejedores vamos devanando nuestra vida, viendo el revés del tapiz que estamos tejiendo. En esta espera sólo tenemos contacto real con el lado más penoso de nuestro trabajo: los hilos enredados y rotos de la trama de nuestra vida. Pero un día seremos invitados a pasar al otro lado del tapiz y nos maravillaremos del resultado porque veremos la obra de Dios en nosotros, si hemos vivido unidos a Cristo. Cuando la vida es Cristo, la muerte es una ganancia. Morir con dignidad presupone la sabiduría cristiana de la esperanza, buscando siempre el querer de Dios y el encuentro con el Amor vencedor de la muerte. “Aunque la certeza de morir nos entristece, nos consuela la promesa de la futura inmortalidad”.
Na Eucaristía deste serán facemos memoria do Señor Xesús que vivíu, morreu e resucitou por nós: “Amoume e entregouse a min”, di san Pablo. A morte de Cristo, solidaria e oferente, é unha garantía definitiva da misericordia de Deus e o fundamento permanente da nosa esperanza porque “Cristo cargou sobre sí tódolos pecados do mundo, e as súas palabras cumpliranse sen que deixe de facelo nin unha soa”.
Facemos tamen memoria do noso querido Papa Xoán Paulo II, sembrando a sua mensaxe e asociando o seu destino a Xesús. Agora, a súa morte fíxolle participar na morte de Cristo, confiando en que a ela seguirá o mesmo xuízo de Deus que seguíu á vida e á morte de Cristo manifestado nella resurrección.
A vida compréndese sempre mirando cara atrás, pero hai que vivila mirando cara adiante. A gozosa adhesión á divina vontade de Deus e unha profunda experiencia de fe foron as características que definiron a súa existencia. Buscou a Deus en sí mesmo e buscouse a sí mesmo en Deus.
Foi un Papa segundo o corazón de Deus, profundamente crente que tiña os pés no chan pero xamais se esqueceu de mirar ó alto. Home de Deus a quen procurou agradar toda a súa vida, home da Igrexa á que servíu ata o extremo das súas forzas e home dos homes dos que sempre estivo preto coma bo samaritano. Cos seus propios ollos puido ve-los dramas que padece o home dos nosos tempos. Deuse de conta de que moitas persoas da terra viven na miseria física cos males que a acompañan, e que non poucas viven a miúdo na miseria espiritual que ten a avantaxe de ser indolora pero o inconvinte de ser mortal. Mirou lonxe e en profundidade, descubrindo os grandes retos que plantexa o Espírito no espesor da historia, afrontando situacións complexas e grandes cambios, e facendo unha lectura crente dos mesmos. Pastor, evanxelizador e testemuña da fe deixounos testemuño da certidume pública da súa fe, e da grandeza da súa fidelidade, fortaleza e firmeza. Sementou a puñados a semente do Evanxeo, proclamando que Deus favorece a liberdade humana, que a actitude relixioxaaxuda o desenvolvemento dos dons naturais e que a fe e a razón son como as lanas coas que o espirito humano se ergue cara a contemplación da verdade.
Falou de Deus ós homes e falou dos homes a Deus, consciente de que a verdade nos posúe e é para servila e comunicala aínda comporte sacrificio. “Fíxose todo para todos para salvar a toda costa a algúns”, encontrando os que cren, os que buscan a Deus e os que se ven atormentados pola dúbida e subliñando que o home é imaxe e semellanza de Deus e non ó revés. O sufrimento acompañouno ó longo da sua vida dándolle capacidade para ve-la realidade cos ollos do corazón. No inmenso océano da Igrexa, fixo moitas singladuras cunha fe intrépida. Non tivo medo do Misterio de Deus porque confiou sempre no seu Amor.
Referente moral para todo o mundo ofreceu a moral do Evanxeo que procede do amor que o quere todo para dalo todo, e que perdoa todo para amar aínda máis. Estaba convencido de que rebaixa-las esixencias do Evanxeo é rebaixar ó ser humano. Esto deulle forzas para defende-la dignidade da persoa humana, a liberdade e a verdade que funda ó home e lle abre ó Eterno.
A Igrexa en Galicia sabe do afecto e da cercanía pastoral que Xoán Paulo II tivo e que manifestou nas súas dúas visitas pastorais, deixándonos a mensaxe de que a fe católica constitúe a identidade do pobo español, falándonos da dignidade do traballo humano, pedindo a renovación espiritual e humana de Europa, e proclamando que Cristo é o Camiño, a Verdade e a Vida. Certamente a súa vida, as súas conviccións e a súa doutrina representan un inequívoco desafío para a época en que vivíu, testemuñando que a esperanza centrada en Cristo é a verdade do noso mundo, porque no centro do drama humano está Cristo, a imaxe de Deus invisible.
O tempo da proba no Papa deu paso á eternidade da recompensa. Entrou na historia por méritos propios. Cruzou xa o umbral da esperanza. Agora sentimos a necesidade do corazón de agradecerlle co noso afecto e oración o legado que nos deixou e no que resoa o eco das Benaventuranzas. Ante a súa morte participamos da dor compartida polos nosos irmáns na fe e por tódalas aquelas persoas sensibles ó testemuño dunha vida ó servicio dos dereitos do home a través do seu testimonio da verdade e do seu servicio na caridade. Somos beneficiarios do seu ministerio, do seu traballo e do seu sacrificio. Queremos pedirlle un último favor: ¡intercede por todos nós! Coa nosa gratitude e a nosa súplica pregamos para que o Bo Pastor fixéralle xa partícipe da gloria celestial. Amén.
Arzobispado de Santiago de Compostela