Skip to main content

A UDC organiza o Foro Avanza Virtual de axuda ao alumnado no seu paso ao mercado laboral

O Foro Avanza, como nas anteriores edicións, baséase en tres actividades fundamentais para a empregabilidade de calquera estudante ou persoa egresada: emprego, emprendemento e contacto coas empresas. Inclúe distintas actividades desenvolvidas polo persoal técnico das empresas, profesionais recoñecidos do emprego público e privado, especialistas nas distintas temáticas. Explicaranse programas específicos para o emprendemento da mocidade universitaria; a saída laboral do emprego público; como preparar unha entrevista de éxito; como crear un bo curriculum vitae; as oportunidades de emprego, prácticas e voluntariado en Europa, como usar LinkedIn para buscar emprego ou potenciar a marca persoal, entre outros contidos.

As actividades organizadas inclúen presentación de empresas como PwC, Garrigues, APPLUS+, Indra, etc. que ademais de atender ás dúbidas do alumnado recollerán curriculums. O estudantado deberá inscribirse antes do 9 de novembro.
Universidade da Coruña