Skip to main content

O Consello Galego de Pesca solicita que o novo Comité Europeo de Augas Occidentais do Sur teña sede en Galicia

O Pleno do Consello Galegode Pesca aprobou unha resolución -fóra da do orde día prevista inicialmente-, na que solicita que o Comité Consultivo Rexional (coñecido polas súas inglés RAC) de Augas Occidentais do Sur teña as súas oficinas enGalicia. A través de esta decisión aprobada por unanimidade en Santiago, os representantes do sector pesqueiro en Galicia apoian as xestións da Xunta para lograr que un dos sete RAC que vai por en marcha a Comisión Europea esté situado na Comunidade Autónoma.

Cómpre lembrar que a falta de apoio do Goberno Central á candidatura galega para ser sede doutro RAC, o de Augas Exteriores, obrigou recentemente á Consellería de Pesca a retirar a oferta galega para albergar este organismo da UE.

A Xunta defenderá as inciativas do Consello Galego para paliar a subida do petróleo.-

Por outra banda, o Pleno do Consello Galego de Pesca abordou a disminución da rendibilidade da actividade pesqueira provocada pola subida dos precios do combustible O Pleno nomeu unha Comisión ad hoc de representantes de sector que redactarán posibles alternativas para compensar a subida do gasóleo.

Gracias a esta inciativa, o sector pesqueiro galego contará cun documento con propostas consesuadas e concretas. A Consellería de Pesca defenderá estas alternativas diante do Goberno Central e da Unión Europea, que son as administracións con competencias sobre as posibles compensacións ó polo precio dos combustibles. As solucións que propoña a Comisión creada deberán ser aprobadas de novo polo Pleno do Consello Galego de Pesca. A búsqueda de solucións a subida dos combustibles era o único obxectivo inicialmente previsto do Pleno de hoxe, sendo a resolución de apoio ó establecemento do RAC en Galicia unha novidade fóra do orde do Día.

O Pleno do Consello Galego de Pesca está formado por 50 membros representantes da administración, sindicatos, confrarías e armadores representado ós sectores empresariais extractivo, conserveiro, comercializador e da industria de transformación. A xuntanza de hoxe foi presidida polo secretario xeral da Consellería de Pesca, Miguel López Sieiro.
Gabinete de Comunicación da Consellería de pesca da Xunta de Galicia