Skip to main content

A Xunta defenderá a revisión dos topes para a flota de cerco no Cantábrico nunha xuntanza en Bilbao

A Consellería de Pesca solicitará a revisión do tope de capturas para os barcos de cerco no Cantábrico na xuntanza que se celebra en Bilbao entre o Goberno Central e as autonomías de Galicia, Euskadi, Cantabria e Asturias. A directora xeral de Recursos Mariños, Carmen Bouso, e o delegado de Pesca en Lugo, Pablo Fernández, defenderán as posturas dos mariñeiros galegos, que foron tratadas previamente nunha xuntanza coas federacións provinciais e a Federación Galega de Confrarías.

Unha das propostas galegas nesta xuntanza será a eliminación do actual tope de 10 toneladas diarias de peixe por barco ; pero respetando sempre as cuotas diarias fixadas para cada especie (sardiña, anchoa, xurelo, xouba e xarda). Asimesmo, os representantes da Xunta de Galicia proporán unha modificación da actual tope diario da xouba.

Modificar o sistema de subhasta.-

As administracións autonómicas solicitaron a celebración da reunión co Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación para, entre outros fins, buscar unha solución ós baixos precios en lonxa que está sufrindo a flota de cerco. Esta caída provocou que algúns armadores galegos decidiran a semana pasada regalar parte das súas capturas pola baixa cotización nas subastas.

Co fin de paliar as oscilizacións nas poxas das especies peláxicas, a Consellería de Pesca considera a necesidade de modernizar e buscar outras formas alternativas ó actual sistema de subhasta, tal e como se abordou no Consello Galego de Pesca celebrado o pasado 8 de abril.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia